Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
A comarca xa quence motores para celebrar o Entroido deste ano
08 Febreiro 2010 06:22
A partires do vindeiro 12 de xaneiro comezan oficialmente as festas do Entroido na comarca. Como é ben sabido, esta festa non relixiosa sucédese despois da Cuaresma e en cada lugar do planeta celébrase de xeito diferente, aínda que sempre cun elemento común que é o da picaresca e pasalo ben. Deste xeito, coma cada ano, nos concellos da comarca sucederanse numerosas actividades con motivo do Entroido, degustacións de pratos típicos destas datas, festivais de comparsas e bailes encherán Ferrolterra a partires desta semana e ata finais de mes.

Como cada ano, a Sociedade Cultural e Deportiva O Roxal, de Neda, xunto coa AVV San Pelaio, tamén desta localidade, organizan a seu festival de comparsas o día 12 a partir das 20.30 horas. Está previsto que o desfile comece nas inmediacións do pazo de Isabel II ata o polideportivo do Roxal. Tamén se degustarán produtos típicos e a música da orquestra Trébol amenizará a xornada.

No concello de Cerdido a festa do Entroido deste ano celébrase o sábado 13 de febreiro. Así, durante a tarde, de 16.00 a 18.30 horas, o Concello e as asociacións Airiños dos Carrís, Albar Quercus e a Comisión de Festas da Barqueira 2010, organizan unha festa infantil, con merenda incluída para os disfrazados, á que seguirá, xa pola noite, unha cea de Entroido, organizada pola comisión de festexos. Neste caso haberá que pagar 20 euros por prato. Para participar é preciso comunicalo á comisión ata mañá día 9. No concello veciño de San Sadurniño tamén organizan diferentes actividades desde o 13 de febreiro ata o 16. Así, o sábado, celebrarase a festa de disfraces dos adultos con música en vivo a cargo do grupo Ismael e degustación de doces típicos. En canto ao concurso de disfraces desta edición, obterán premio os mellores das catro categorías a concurso: individual -entragaránse 8 premios-, parellas -catro-, grupo -dous galardóns- e mellor persoaxe da cultura galega -un premio-. Os días 15 e 16 organizaranse obradoiros para os máis pequenos da casa.

Na vila de Ares tamén teñen pechado o seu calendario de actividades. Os días centrais do Entroido serán o domingo 14 e o mércores de cinza, o día 17, que é festivo local. O día 14 producirase o tradicional desfile de comparsas, que farán o percorrido comprendido entre a Porta do Sol e a praza da Constitución. Tras o pasarrúas darase paso ao concurso de disfraces, en categoría infantil e para adultos. A data tope para incribirse no certame remata este venres. O día de cinza, a partir das 17.00 horas, dará comezo o tradicional desfile de entroidos polas rúas da vila. A proposta máis orixinal será escollida para a posterior queima.

No concello veciño de Mugardos, os festexos comezan o xoves día 11 coa celebración da festa de Entroido escolar, na que os nenos saen desde os centros educativos en comparsa. O día 15, producirase a típica degustación de larpeiradas de Entroido, a partir das oito da tarde na praza do Mercado, e tamén haberá desfile de comparsas -integradas por grupos dun mínimo de cinco persoas-, que estarán acompañadas pola chagaranga Ruada, da Coruña. O Enterro da Sardiña está previsto para o mércores de cinza, a partir das seis, na praza do Mercado. En Cabanas, a festa infantil celebrarase o 15 de febreiro, a partires das cinco da tarde, e o baile de máscaras comezará pasadas ás oito, fronte á Casa do Concello. Ademais sortearase unha cesta de entroido e ofrecerase laconada e freixós por tres euros.

E como de costume, no concello de Valdoviño a festa non chegará ata o día 20, data na que se celebrará a décima edición do festival de Entroido que organiza o Concello. Como noutras ocasións, haberá premios para as mellores comparsas ou antroidos, segundo a modalidade na que se concurse. Ferrol e Narón tamén comezan a celebrar o Entroido o vindeiro sábado. Na cidade naval os actos sucederánse ata o martes de Entroido mentres que Narón vive o día grande o día 13 co seu festival de comparsas.

Ademáis destes, en todos os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal haberá actos festivos.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
08-02-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares