Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 28 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Os complementos engrosan as nóminas
24 Maio 2010 12:50
As dedicacións exclusivas son minoría entre os políticos locais. Alcaldes e concelleiros que a teñen gozan en ocasións dun salario superior, e fixo ao mes, por traballar unicamente no Concello. Os titulares da mesma teñen que cumprir o horario da administración e o consistorio debe aboar o soldo e as pertinentes cuotas da Seguridade Social, íntegras. As parciais concédense naqueles casos nos que se completan outras retribucións e os pagadores se reparten os custes da Seguridade Social. Estas últimas permiten una maior flexibilidade no tocante ós horarios. Os alcaldes e concelleiros sen estas dedicacións, reciben unhas pagas que se estipulan en función da presencia en plenos, comisións e xuntas de goberno. Mesas de contratación, celebración de vodas, asistencia a reunións de organismos ou empresas mixtas -Padroados e Cosma, en Narón- e dietas contribúen a incrementar algúns dos salarios. Nos orzamentos da meirande parte dos consistorios da comarca contémplanse partidas específicas para contribuír ao funcionamento da administración con aportacións fixas aos grupos. A estas retribucións, súmanse outras mensuais e por edil, como as concedidas en Narón -200 euros-; Neda -48 euros-; Pontedeume e Cabanas-25-, Cerdido -50 euros- ou Mugardos -51-.

No Concello das Somozas o alcalde, Manuel Candocia (PP) ten dedicación exclusiva -2.571 euros ao mes- e os edís cobran 90 euros por asistencia ao pleno, que ten unha periodicidade bimensual. A alcaldesa de Cerdido, Ana Rodríguez (PP) ten unha dedicación parcial que lle reporta 1.359 euros ao mes. Os concelleiros reciben 75 euros por asistencia aos plenos, que se convocan cada dous meses con carácter ordinario. O rexedor local de Ares, Julio Iglesias (PSOE), está entre os políticos que, na comarca, non perciben un salario fixo ao mes. Ao igual que os edís sen dedicación exclusiva do mesmo municipio, Iglesias cobra as partidas estipuladas no consistorio por asistencia a plenos e xuntas de portavoces -69,65 euros-; comisións informativas -58,41-; e comisións de goberno -219,80-. Dous son os concelleiros do municipio que perciben dedicación parcial -1.512 euros ao mes- e exclusiva -1.929 euros.

Os políticos esperarán á validación do decreto para reducir o gasto público para coñecer como afectará ás arcas locais en xeral e, aos seus soldos, en particular.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
23-05-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares