Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 28 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares e Mugardos cumpren hoxe co tradicional Voto de Chanteiro
26 Maio 2010 11:47
Un ano máis, os concellos de Ares e Mugardos organizan a tradicional romaría do voto de Chanteiro, que se desenvolverá hoxe.Como en edicións anteriores fletaranse autobuses para recoller aos veciños que queiran participar nesta festa. Sairán de Ares ás 10.30 horas e teñen fixada a volta para as 13.30 e para as 19.00 horas. Entre as actividades programadas en Chanteiro salienta a actuación trala misa das doce do grupo de gaitas Troleada de Ares. Posteriormente, entregaranse empanadas e bebida aos asistentes e unha charanga animará a tarde a partir das 16.00 horas.

A orixe do voto data de hai 600 anos. Na Idade Media sucedíanse en Europa pestes e unha delas afectou a Ferrol en 1404. A traxedia só podería ser vencida por intercesión dunha Virxe de Chanteiro, de gran devoción entre os mariñeiros xa que a súa ermida era a que vían os pescadores ao entrar e ao saír da ría. A esta Virxe acudiron representantes dos pobos da comarca para implorar a desaparición da epidemia antes da Pascua de Pentecostés.

A peste remitiu e a xente decidiu realizar unha ofrenda (voto) de agradecemento á Virxe que consistía en seis libras de cera para iluminar a capela. Así mesmo, cada vez que se renovase o voto, ofreceríanlle á Virxe unha flor para ser colocada nas súas mans: a flor de Chanteiro. O voto era ofrecido por Ferrol, A Graña, Ares e Mugardos.

Unha vez efectuada a ofrenda relixiosa comezaba a festa profana e a romaría en si. Co tempo a celebración profana foi tendo cada vez máis sona, xuntádose moita xente e non faltando escándalos e pelexas. Ferrol pediu a conmutación do voto en 1839 e A Graña deixou de exercelo desque un ano uns romeiros borrachos caeron ao mar e houbo afogados e con eles caeu a imaxe de San Roque, que traían en procesión. Isto sucedía na segunda metade do século XIX. Ares abandonou esta ofrenda despois da desa-mortización, sendo recuperada en 1954. Pola súa banda, en Mugardos as autoridades deixaron de celebralo durante a II República, recuperándose despois da Guerra Civil. Quen nunca deixou de asistir a Chanteiro o martes de Pentecostés foron as xentes das diversas aldeas da comarca, que continuaron coa devoción á Virxe milagrosa, nunha tradición que xa superou os 600 anos.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
25-05-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares