Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O consistorio inaugura a Casa do Patín e a sede dos Servizos Sociais
23 xuño 2010 12:03
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polos edís do grupo de goberno, parte da corporación e os construtores adxudicatarios das obras –ambos da localidade–, inaugurou onte as obras de rehabilitación da Casa do Patín –antiga Escola de Nenas– e do inmoble situado no número 81 da rúa Real, futura sede dos Servizos Sociais do municipio. O rexedor destacou o “espectacular” resultado dos traballos, financiados con cargo ao Plan E.

A Casa do Patín, adquirida pola anterior Consellería de Presidencia e a Deputación da Coruña por 183.308 euros supuxo un investimento de 231.907, cantidade que permitiu rehabilitar un edificio emblemático de Ares, xerando espazos para a Casa da Xuventude, sala de exposicións e aula multimedia. Na intervención sempre se respectou e restauraron elementos tradicionais.
A aula multimedia da planta baixa –xa habilitada– está dotada dos máis modernos equipos e equipouse grazas a fondos europeos. As instalacións permitirán ofrecer servizo de docencia “on line” a toda a comarca e substituirán á aula de informática que ata agora utilizaban os veciños da vila. No primeiro andar estará a Casa da Xuventude –con mesas de billar, tenis de mesa, consolas...– que se dotará de material a través dunha subvención de 24.000 euros procedentes da Deputación. O derradeiro andar empregarase como sala de exposicións. Iglesias destacou deste espazo a súa luminosidade.
No que respecta á rehabilitación da futura sede dos Servizos Sociais municipais, un edificio localizado no número 81 da rúa Real e tamén reformado con cargo ao Plan E, Iglesias destacou o “máis que importante cambio producido no inmoble”. O edificio pasou de estar totalmente derruído e xerando graves problemas de humidades aos edificios colindantes a convertirse nun exemplo de recuperación tanto no interior como no exterior, rehabilitándose un típico balcón aresán e respectando as alturas orixinais. A construción ten dúas prantas e garantirá, segundo explicou o alcalde, a intimidade dos usuarios destes servizos, destinando o primeiro andar ao Centro de Información á Muller e orientación familiar e o segundo ás asistentas sociais. O investimento desta obra foi de 137.004 euros.

Portos > O alcalde de Ares, Julio Iglesias, insta ao presidente de Portos de Galicia, Manuel Álvarez Campana, a anunciar hoxe a instalación inmediata do travel lift de 80 toneladas no porto local e a dotación de tódolos servizos na nave de departamentos pesqueiros, unha vez que o responsable desde organismo, dependente da Consellería de Mar, visitará o pósito ás once do mediodía. Iglesias incidiu en que “nada mellor que aproveitar a visita que levará a cabo mañá –por hoxe– para comprometerse publicamente cos pescadores e anunciar a colocación do travel e a posta en marcha dos servizos que restan na nave de departamentos”.
A deputada socialista Beatriz Sestayo, levou o tema ao Parlamento e subliñou a necesidade de completar “inmediatamente” a dotación de usos da nave e criticou ao PP por non ter realizado avances ao respectotras máis dun ano no goberno da Xunta de Galicia.

Noticia de Diario de Ferrol
19-6-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares