Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
A AVV Chanteiro critica que a Xunta retrasase a reunión do saneamento
23 xuño 2010 12:08
A entidade veciñal de Chanteiro manifestou publicamente a súa preocupación tras coñecer o retraso da reunión prevista para onte entre o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o alcalde da vila, Julio Iglesias, para abordar o asunto do servizo de abastecemento a Chanteiro, Lubre e Cervás.
O colectivo indica que foi a Xunta a que fixou a reunión e critica que agora alegue “problemas de axenda” de Hernández para retrasala ata o día 24.
A AVV confía en que este feito non sexa “unha manobra de dilación” para o inicio dunhas obras que se preveía en xaneiro de 2011. Así mesmo, a entidade lembra a importancia da execución das mesmas para que máis de 500 familias de Chanteiro, Cervás e Lubre e mesmo unha parte do núcleo urbano de Ares, dispoñan deste servizo imprescindible.
O colectivo asegura que unha mostra da importancia de dispor dese servizo de abastecemento canto antes é o verquido do que semella ser gasóil, afirman, nunha das dúas únicas fontes públicas de auga potable das que dispón Chanteiro. Desde a AVV apuntan que “con case total seguridade”, o verquido provén duns depósitos utilizados por unha das subcontratas da obra, CRC, localizado nas proximidades de dita fonte. Os veciños aseguran que o incidente supoñen que non foi intencionado e indican que se puxo en coñecemento do consistorio para que estuden as consecuencias e nivel de contaminación da fonte –actualmente un cartel xa advirte de que a auga non é potable–. A AVV lembra que os veciños de Chanteiro obteñen a súa auga potable desas fontes ou pozos individuais, polo que a entidade insta á Consellería de Medio Ambiente e a Augas de Galicia a que establezan as medidas necesarias para que a situación non se repita. A AVV anunciou que solicitará unha entrevista con persoal de Medio Ambiente e Augas de Galicia para plantexar as súas demandas.

Noticia de Diario de Ferrol
18-6-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares