Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
As Confrarías de Ares e Pontedeume solicitan á Consellería do Mar varias actuacións en ambos pósitos
23 xuño 2010 12:11
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse onte con varias confrarías, entre elas as de Ares e Pontedeume, para coñecer de primeira man as necesidades do colectivo. A primeira hora da tarde, Quintana desprazouse ao local do pósito aresán, onde foi recibida polo alcalde, Julio Iglesias, concelleiros da vila e os integrantes da Confraría de pescadores local.
O rexedor e o patrón maior urxiron no encontro a instalación dun travel-lift de oitenta toneladas, que sería xestionado polo pósito e daría servizo a toda a ría, ao non contar ningún dos portos da zona con instalacións destas características –o máis próximo está en Cedeira–. No que respecta ao municipio de Ares, tamén se incidiu na necesidade de completar os equipamentos da nave de departamentos construída co anterior goberno socialista e cunha cámara frigorífica e unha máquina de xeo que non funcionan debido a que on hai corrente eléctrica suficiente. Isto obriga aos traballadores do mar a non poder utilizar unhas instalacións recepcionadas hai aproximadamente un ano e medio. Concello e Confraría fixeron fincapé na necesidade de que a Xunta resolva o problema canto antes, e na mesma cuestión se abordará na Comisión Parlamentaria de mañá unha iniciativa ao respecto, presentada pola deputada Beatriz Sestayo. Así mesmo, Iglesias lembroulle a Rosa Quintana que o porto non dispón de liña de voz e datos en toda a superficie e presentoulle o proxecto de construción da nova sede para o pósito, realizada polo Concello coa supervisión da Confraría.
Despois de visitar Ares, a conselleira reuniuse con persoal da Confraría de Pontedeume para coñecer tamén as súas necesidades. A titular da Consellería do Mar defendeu o Plan de saneamento da Xunta para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros da zona de Ferrol e incidiu en que as actuacións de Medio Ambiente comezarán “naquelas zonas onde ten máis incidencia o marisqueo”.

Noticia de Diario de Ferrol
17-6-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares