Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares recupera a tradición de decorar con flores os seus balcóns
26 xullo 2010 09:56
A veciña de Ares Carmen Seijas García, residente na rúa Anxos, 99, foi a gañadora do primeiro Certame de Decoración Floral de Balcóns promovido polo Concello e consistente en 500 euros. Os 300 euros do segundo premio foron para Mª Carmen Justo García, residente no número 111 da rúa María; e o terceiro, 200 euros, para Fermín López Requeijo, da rúa Real número 20. Alianza Aresana acolleu onte pola mañá a entrega de premios, que estivo presidida polo alcalde, Julio Iglesias.
O rexedor explicou que o obxectivo do concurso, tódolos participantes recibiron un diploma, non era outro que “recuperar esta vella tradición que antes existía de maneira espontánea” na práctica totalidade dos balcóns aresáns, fundamentalmente con hortensias. Na liña de retomar este costume, que embelecía a vila e incluso daba ás rúas os olores característicos das flores, o Concello organizou este concurso co gallo de fomentar o adorno dos balcóns.
Asi mesmo, Iglesias informou que no eido dos obradoiros de emprego, do que Ares puido disfrutar ata decembro do ano pasado e que dende entón ata o de agora non foi aceptado pola Xunta, o goberno local ten un proxecto para habilitar un invernadoiro de flores. Deste xeito, se facilitarían de balde aos veciños que o desexen para decorar balcóns, así como para adornar as zonas verdes municipais.
Precisamente, a recuperación e mantemento das zonas verdes é unha das máximas do executivo que dirixe Julio Iglesias, e ao respecto citou a recuperación nestes tres anos de mandado dos xardíns de Santa Catalina, o coidado do parque Rosalía de Castro e recuperación de A Xunqueira. Finalmente, o alcalde agradeceu o labor do xurado, composto polas presidentas das dúas asociacións de amas de casa do municipio e dous técnicos de xardiñería que traballan para o Concello.


NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
26-07-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares