Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello de Ares conta desde hoxe cunha nova compañía teatral, Xábrega
09 Decembro 2011 10:30
“Desde a creación da asociación cultural en Ares sempre houbo un desexo de que unha das actividades fose a do teatro, de ofertar un traballo sobre o escenario que poñer en marcha tanto en Ares como nas parroquias, así que enseguida nos puxemos á obra e ata hoxe”. Quen así se expresa é Javier Vilasánchez Martínez, director e adaptador de “O Indiano”, a obra coa que nace a compañía teatral da asociación Xábrega que hoxe debuta ás 19.00 horas no Casino Aresano, con entrada libre.
A obra –baseada nun texto do veterano mestre Olimpio Arca Caldas– foi adaptada ao contexto aresán por Vilasánchez, que tamén dirixe aos 11 intérpretes, veciños da vila, que protagonizan a comedia. Segundo o director, “comezamos xa hai meses con moitos paróns porque pasou de todo, desde problemas familiares ata operacións. Iso dilatou o proceso, pero había moitas gañas de facer teatro”. Co nacemento da compañía teatral, Xábrega engade unha nova actividade á Comisión de Estudos Aresáns e á Escola de Música. Trala estreas de hoxe, “O Indiano” viaxará en datas por confirmar ás parroquias de Cervás e Caamouco.

Crítica social > O argumento de “O Indiano”parte dunha crítica social verbo dun persoeiro popular nas primeiras décadas do século XX en moitas vilas de Galicia. Son coñecidos como “indianos” un tipo de emigrantes aos que a súa viaxe en busca de fortuna na outra beira do Atlántico, convertiunos en donos de negocios e industrias o que lles permitiu amasar un máis ou menos importante capital asegurando así a súa vida e a dos seus descendentes. Os indianos eran inconfundibles. Sorrindo a todo o mundo coas enxivas colmadas de dentes dourados, con leontinas de ouro puro pendurándolles do chaleque con certo descaro e o seu veguero nos beizos, ben machacado, babeado e a punto de apagarse e o “jipijape” cubano cubríndolles a testa. Regresaban á terra cheos de cartos produto de moitos anos chapando caña, suando nos trapiches ou participando nas faenas do tabaco. Aquí respiraban os vellos aires do terruño, añorado unha e mil veces nos anos de ausencia e buscaban o derradeiro acubillo no lugar que os vira nacer.
Así, desde Xábrega comentan o argumento: “Don Pedro é un paisano que chega á súa vila e quere facer unha fermosa doazón ao pobo que o viu nacer. Alí topa coas autoridades e co andar da acción vese que o tempo pasado fóra da súa terra faille percibir unha realidade diferente da súa terra. El quere perpetuarse mediante o agasallo e chega a ilusionar aos veciños con el. Cando estes descubren a “fermosa doazón” tentan que cambien de idea. O descubrimento do amor fai del un home novo e disposto a facer unha verdadeira e xenerosa doazón que redunde en benecio dos seus veciños”. A vida do pobo, os inicios do automóbil, a falta de industrias, a emigración, os personaxes e o ambiente en xeral fannos percibir ou rememorar, segundo o caso, o que sería o regreso dun destes indianos así como facer unha crítica humorística da situación que se daba.

DIARIO DE FERROL, xoves 8 de decembro de 2011
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares