Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
“A visitadora de prisións” comeza a súa rodaxe en localizacións de Ferrolterra
14 Febreiro 2012 11:01
Ferrol e comarca volven converterse en plató de rodaxe dunha importante produción cinematográfica española, neste caso un traballo de recreación histórica ambientado no século XIX. Así, onte comezou a rodarse no mosteiro de Santa Catalina, no Concello de Ares, a produción “A visitadora de prisións”, con dúas das actrices principais da longametraxe, a popular actriz Blanca Portillo, que interpreta o papel da protagonista, Concepción Arenal (Ferrol,1820 -Vigo, 1893), e a ferrolá Mabel Rivera, que fai o propio co personaxe de Juana de Vega. Hoxe a gravación de “A visitadora de prisións” prosegue no castelo de San Felipe e a praia de Doniños no Concello de Ferrol, e nos próximos días estará nas Fragas do Eume, na Capela, e no Concello de Cabanas.
Protagonizada por Blanca Portillo e dirixida por Laura Mañá, trátase dunha película para a televisión que conta coa produción de Zenit TV e Distinto Films, a cargo de Miriam Porté e Zaza Ceballos, en coprodución con Televisión de Galicia, Televisió de Catalunya e Televisión Española. O proxecto tamén recibiu o apoio do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), da Consellería de Cultura e Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, do ICIC e do Instituto de la Mujer.

Amplo elenco > En canto ao reparto, ademais da ferrolá Mabel Rivera, acompaña a Blanca Portillo nos papeis principais Pere Arquillué, que encarna a Garrido, o alcaide da prisión. Con eles participa tamén unha ampla nómina de actores galegos e de fóra como Xosé Barato, Luísa Merelas, Isabel Naveira, Paula Carballeira, Patricia Vázquez, Dani Lago, Anna Casas, Diana Gómez, Óscar Rabadán, Candela Fernández, Fermí Reixach e Juanma Lara, entre outros actores e actrices.
Así mesmo, o elenco está apoiado pola participación de máis dun cento de figurantes procedentes na súa meirande parte da comarca de Ferrolterra, que recrearán o ambiente decimonónico no que se desenvolve esta histórica narración carcelaria. Tras dúas semanas de rodaxe en Barcelona, o equipo de “A visitadora de prisións” seguirá o seu traballo en Galicia durante tres semanas máis ata rematar a filmación.
A película está ambientada a mediados do século XIX e recrea a época na que a avogada e escritora ferrolá traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres da Coruña, o que daría como froito algunhas das súas obras clave que habían servir de base para a reforma do sistema penal imperante en España.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
14-02-2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares