Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 24 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Procesións marítimas para celebrar o Carme en Cariño, Pontedeume e Redes
17 xullo 2013 08:40
Despois de que a pasada fin de semana as parroquias de Meirás, en Valdoviño, e a fenesa de Maniños abriran as celebración do verán en homenaxe á Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros, onte as localidades de Cariño, Pontedeume e Redes sumáronse á festividade.
Así, na vila de Cariño viviron a xornada con especial emoción, xa que a imaxe da súa virxe foi elixida como a representante de tódala confrarías de pescadores do litoral español. Tralas actividades festivas do luns, o segundo día das celebracións no enclave do Ortegal iniciouse coa tradicional misa. A continuación levouse a cabo a concorrida procesión marítima, que chega ata os cantís máis altos da Europa continental.

un baile único
A festa continuou posteriormente co baile da Danza de Arcos, que singularizan esta celebración con pasos transmitidos ao longo dos anos por varias xeracións de mozos e mozas locais. As gaitas de San Xiao do Trebo e o concerto da Banda de Música “Vila de Cedeira” puxeron o elemento melódico ao Carme cariñés ata o vindeiro ano. Ao remate, a santa voltou cara a igrexa local ata a próxima procesión.

irmanamento en alta mar
A tradición do Carme tamén serve para irmanar a dúas localidades da ría de Ares: Redes e Pontedeume.
Fieis á tradición do día 16, a propia da festividade, as embarcacións eumesas e redeñas encontráronse no medio da ría, navegaron pola costa de Pontedeume e, tras cantar a salve e depositar un ramo de flores na honra dos mariñeiros mortos, regresaron á entrada marítima da vila dos Andrade desde onde se despediron os barcos e cada flota regresou ao seu lugar de orixe. O bo tempo das últimas semanas fixo que numerosos barcos de ambas poboacións participaran desta entrañable celebración.
Nos vindeiros días varias localidades da costa de Ferrolterra uniranse ás anteriores na organización das romerías marítimas do Carme. Así o farán en Ares, Cedeira ou Barallobre, esta no mes de agosto. Así mesmo, o próximo venres a vila das Pontes (iso si, sen procesión marítima) tamén adica as súas festas patronais, que durarante varios días se celebran na localidade, á Virxe do Carme. A programación terá nos profesionais sanitarios locais aos pregoeiros diante do Concello ás 20.30 horas.

DIARIO DE FERROL, 17 DE XULLO DE 2013
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares