Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 28 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O pleno de Ares esixe unha solución para Megasa
19 xullo 2013 08:50
O pleno da corporación do Concello de Ares aprobou onte unha moción presentada polo grupo socialista en demanda dunha solución urxente para a fábrica de Megasa, afectada por unha orde ministerial do goberno do PP que beneficia á competencia directa da siderúrxica naronesa.
O documento, polo que se insta á Xunta a artellar os mecanismos necesarios para que o Ministerio de Industria modifique a devandita orde, contou co respaldo de todos os grupos do Concello de Ares.
O alcalde do municipio, o socialista Julio Iglesias, mantivo onte, antes da celebración do pleno, unha xuntanza cos representantes dos traballadores, aos que amosou o seu apoio. O rexedor asegurou que a orde ministerial “pode modificarse dun día para outro, posto que coa súa publicación no BOE xa é suficiente” e salientou que o da empresa naronesa é un problema xeral e do conxunto dunha comarca especialmente castigada polo desemprego e as políticas do Partido Popular. “Todos imos loitar con vós para acadar as vosas reivindicacións”, engadiu.

traballadores
O presidente do comité de empresa de Megasa, Carlos Bascoy, dirixiuse aos políticos antes do debate da moción para reclamar do PP –ao que responsabilizan da grave problemática que a empresa está a sufrir e que de non mudar a situación obrigaríaa ao peche antes de que remate o ano– o compromiso de trasladar o sentir do conxunto dos traballadores.
“Megasa necesita unha solución de carácter urxente e non hai movementos, unicamente recibimos boas palabras”, lamentou. Así mesmo, asegurou que a reforma enerxética aprobada polo Consello de Ministros a pasada semana non resolve a situación da siderúrxica naronesa.

DIARIO DE FERROL, 19 DE XULLO DE 2013
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares