Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Os vikingos de Limodre preparan un multitudinario asalto a Redes
30 xullo 2008 10:37
Empezou como unha broma ideada nun bar pero a invasión marítima de Redes vai xa pola súa terceira edición e o grupiño festeiro de 2006 converterase este ano en medio milleiro de persoas ó asalto por terra e auga. Non se sabe a quen secuestrarán este ano. Avisan: pode ser calquera.


Dentro de décadas, cando o asalto de Limodre a Redes e, despois, o de Redes a Limodre, sexa unha loita con tintes épicos coñecida en todo o orbe poida que ningúen se acorde xa de que a súa orixe é tan sinxela e tola como a de ir secuestrar a Emiliano, un camareiro da Pousada do Mariñeiro. Os de Caamouco, que tampouco quedan atrás en cuestións de argallar festas, moi ofendidos pola ousadía foron ata a praia de Río Castro a levarse con eles a José, do bar O Emigrante.

O verán pasado a liorta acadou importantes dimensións e calquera medio de transporte valeu para repetir afrentas. Así que os vikingos limodreses, remando en improvisados barreños e piscinas, desembarcaron en terras aresás para capturar a Charito, a nai do antedito Emiliano.

Este sábado prodúcese a terceira invasión e hai xa apuntadas á festa unhas 450 persoas. Agárdase que se supere o medio milleiro e incluso é posible que se chegue ás 600. Ás seis da tarde sairá a flota vestida con camisetas co lema “III Invasión a Redes 2008. Vikingos de Río Castro”. Desembarcarán na praia e no peirao e, segundo a tradición, secuestrarán a algún pobre individuo que estea gozando da concentración de embarcacións tradicionais. O perigo xa non se restrinxe a Emiliano e á súa familia. Os invasores avisan: poden raptar a calquera. De volta no fortín limodrés, os feroces invasores comerán churrasco e bailarán ó son de Carlos Rey e de Saavedra.

Diario de Ferrol
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares