Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Almodóvar prepara a rodaxe de “Silencio” entre Ares e Mugardos a partir do próximo mes de maio
24 Marzo 2015 08:03
Pedro Almodóvar regresa a Ferrolterra. Trala súa experiencia en Ortigueira en 2003 na rodaxe de “La mala educación”, onte o realizador e o seu equipo de produción máis próximo, o seu irmán Agustín e a súa colaboradora Esther García, visitaron Ares e Mugardos, case seguros escenarios da súa próxima película, “Silencio”, que se comeza a rodar no mes de maio.
Na vila aresá tivo como anfitrión ao propio alcalde, Julio Iglesias, quen o acompañou a diferentes puntos do concello que xa figuraban na aposta do seu equipo para rodar: o porto, a localidade de Redes e A Coitelada, próxima a Chanteiro. Hai quince días o equipo de localizacións do autor de “Todo sobre mi madre” xa se puxo en contacto con concellos da península de Bezoucos para a rodaxe de “Silencio”. Onte foi o propio director quen quixo coñecer ao vivo as localizacións suxeridas polo seu equipo. Entre os seus acompañantes, o alcalde aresán Julio Iglesias manifestou o seu entusiasmo: “A nós non nos confirmou absolutamente nada. Gustoulle unha casa de Redes, a zona do porto para unha escena dun afogamento e a parte de Punta Coitelada para outra escena, pero seguimos á espera da confirmación oficial. Teño que dicir que para nós que un xenio universal como el esté en Ares é un motivo de orgullo. Estaríamos encantados de que rodase aquí”. En canto ao trato co director, Iglesias estaba impactado. “Polo que puiden comprobar é un home moi afable e humilde”.
Tralo seu paso por Ares, a comitiva de Almodóvar desprazouse ata Mugardos, onde xantou en La Posada del Mar, visitou o peirao e as embarcacións tradicionais para unha posible escena, e se dirixiu ata o castelo da Palma onde comprobou as posibilidades para a historia da que só se coñece que tratará sobre mulleres, que ten ambiente mariñeiro e de que unha das súas actrices protagonistas é a popular Rossy de Palma. En maio saberanse máis cousas.

DIARIO DE FERROL, 24 DE MARZO DE 2015
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares