Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases específicas para a contratación laboral temporal de dez peóns e dous subalternos.
23 Maio 2017 00:05
D. MANUEL LARROSA RODRÍGUEZ, SECRETARIO DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA), CERTIFICO:

Que pola Xunta Municipal de Gobemo, en sesión extraordinaria celebrada o día 3 de maio do 2017. adoptouse o seguinte acordo:

PUNTO NÚM 12.- BASES PARA A CONTRATACION LABORAI. TEMPORAL DE:
-10 PEONS E 2 SUBALTERNOS

Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia n0 63. do Luns 3 de Abril de 2017 no que se publica a Resolución número 2017/10153 de 29/03/2017 pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2017 (PEL- CONCELLOS). coa concesión ao Concello de Ares dunha subvención de 46.000 6 "Obxecto: Programa de integración laboral

A Xunta Municipal de Goberno, acorda por unanimidade, préstalle a súa aprobación as bases elaboradas para contratación laboral temporal de 10 PEONS e 2 SUBALTERNOS, , baixo a modalidade contractual de contrato de obra ou servizo determinado ó abeiro do Real Decreto 2720/1998. de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traba Madores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo , en materia de contratos eventuais por circunstancias da produción, do seguinte teor literal, e proceder a súa convocatoria:

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAO DE DEZ PEÓNS E DOUS SUBALTERNOS.

Primeiro.- Obxecto
Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia por importe de 46.000 €. ten por obxecto a contratación de 2 subalternos polo prazo de cinco meses e unha xornada de vinte e cinco horas, e dez peóns polo prazo de tres meses a xornada completa.

Segundo.- Selección
A selección terá lugar entre os candidatos que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante anuncio nun xomal dos de maior tirada da comarca, de acordo eos principios de publicidade. concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación. No proceso selectivo, valorarase como mérito finalizar favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin, terán que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal en risco de exclusión social, á que se tai referencia o punto seguinte de estas bases.

Terceiro.- Requisitos do persoal oara contratar.
As persoas para contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida. pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas para contratar.
e) Persoas en situación de drogo dependencia.
f) Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
g) Persoas en fogar monoparental/monomarental.
h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) Persoas vítimas de violencia de xénero.
j) Persoas sen fogar.
Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, polo menos ata a data de formalización do contrato.

Cuarto.- Actividades a realizar nolo persoal contratado.
Na selección terás en conta as especiais características das tarefas a desenvolver en función do programa previsto, en especial os criterios previstos no punto 2.3 das bases reguladoras do programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2017 (liña 1. pel-concellos). asi como a adecuación do aspirante ao posto a desempeñar.

Quinto.- Composición comisión seleccionadora.
A Composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía a cal tendo en conta os criterios establecidos no punto terceiro de estas bases, efectuará unha entrevista eos aspirantes a efectos de levar a cabo a selección, propoñendo na súa virtude os aspirantes aprobados así como unha relación de suplentes por orde de puntuación.

Sexto.- Presentación de solicitudes.
Os aspirantes disporán dun prazo de cinco días naturais contados desde o seguinte día da publicación da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca. En cada solicitude deberase presentar o modelo de instancia que se adxunta como Anexo I. debidamente cumprimentado, e acreditar, se é o caso, a seguinte documentación: 

Os aspirantes, no día e hora sinalados pola Alcaldía, presentaránse diante da Comisión Seleccionadora para manter unha entrevista persoal, na que se avahará a súa adecuación ó posto, en función dos criterios fixados no punto terceiro de estas bases Sétimo.- Proposta de contratación.

Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente e na categoría das mesmas).

Oitavo.- Formalización do contrato.
Unha vez presentada e avalada a documentación a documentación á que se refire o punto sexto de estas bases, o órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación. ¡Vientres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

Noveno.- Renuncias ou substitucións.
No caso de extinción da relación laboral, ben sexa por substitución ou por renuncia dalgunha persoa traballadora por causas alleas ao concello, poderase contratar a outra persoa que reúna os requisitos do programa. Comunicarase á Deputación devandito cambio, que non supoñerá variación na cantidade concedida, e achegará a documentación acreditativa da situación da nova persoa traballadora a contratar, de acordo co establecido no punto 7.2 da Resolución número 2016/31551 por la que se aproban las bases reguladoras del Programa de Integración Laboral, anualidade 2017. fin ambos casos (renuncia ou substitución), procederase a designar os aspirantes pola orde de puntuación obtida na selección sen necesidade de nova selección, o novo contrato estenderase polo prazo que quede para remátalo prazo da relación contractual. Décimo.- Réxime xurídico aplicable

En todo caso o non previsto expresamente ñas seguintes bases, será de aplicación o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e supletoriamente a Lei 30/1984. de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postes de traballo e promoción profesional dos funcionarios civis da Administración do Estado, e o Real Decreto 896/1991. de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de administración local, a Lei 30/1992. de 26 de xuño. de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.”

E para que así conste c surta scus efectos, expido a presente a reservas do disposto no artigo 206 do R.O.F. de Orde c co Visto e Erace do Sr. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a 3 de maio do dous mil dezasete.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares