Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases para a contratación de 8 socorristas no verán 2019
20 xuño 2017 12:25
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 210/19

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA) CO CIF P1500400E

Vista a notificación electrónica da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se autoriza a contratación por un período máximo de 2 meses de 8 traballadores para a realización da obra ou servizo denominado, Programa de atención as Praias-Vixilancia. Visto o expediente tramitado para a convocatoria e aprobación de bases de persoal para proceder a súa selección.

Vista a necesidade urxente e inaplazable para o período estival de realización de traballos relacionados cos servizos de socorrismo nas praias do noso municipio, garantindo deste xeito a prestación do servizo municipal e a seguridade dos/as usuarios/as.

En uso das facultades outorgadas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril de bases do réxime local en materia de persoal polo presente
RESOLVO:

PRIMEIRO .- Proceder á convocatoria e aprobación das bases para a selección de persoal laboral temporal de catro socorristas a xornada completa para servizo Programa de atención as Praias-Vixiancia cós condicionamentos sinalados no outorgamento de subvención pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que subvenciona o 100% os custes deste persoal, aprobando as bases que a continuación se reproducen:

“BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS SUBVENCIONADOS POLA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA , POLO SISTEMA DE CONCURSO DE OITO SOCORRISTAS A XORNADA COMPLETA”

PRIMEIRA.- Obxecto da Convocatoria
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal de oito socorristas mediante concurso por ser o procedemento máis axeitado e tendo en conta o establecido no artigo 14 de requisitos e criterios para a selección dos traballadores e das traballadores da Orden de 12 de diciembre de 2018 por la que se establecen las bases que regulan las ayudas y subvenciones para el fomento del empleo y mejora de la empleabilidad en el ámbito de colaboración con las entidades locales y se procede a su convocatoria para el ejercicio del año 2019 (DOG nº 6 del 9 de enero de 2019)

Estas contratacións serán a xornada completa (37,5 horas semanais) por modalidade contractual de contrato de servizo e obra de duración determinada de interese social.

Os contratos de duración determinada de interese social, rexeranse polo establecido no contrato sendo as retribucións brutas mensuais de 1.156,94 € desglosados nos seguintes conceptos (soldo, complemento de destino, complemento específico e parte proporcional da paga extra).

SEGUNDA.- Requisitos dos/as aspirantes
a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

b) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais das prazas á que aspiran, sen que se padezan enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións dos postos.A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.

d) Acreditación da inscrición definitiva ou provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia e deberá presentar acreditación da cualificación profesional de socorrismo en espazos naturais e as titulacións que cumpran cos requisitos de inscrición no rexistro, reflectidos na disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo. No seu defecto, acreditación da presentación de solicitude de dita inscrición e documentación complementaria no organismo correspondente da Xunta de Galicia.

e) Ter 16 anos e non exceder de 65 anos
Serán requisitos específicos en aplicación do disposto no artigo 56.3 do texto refundido do estatuto básico da lei do empregado público Real decreto lexislativo 5/2015 os seguintes:
A) Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego. Este requisito deberá cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de interese social.
B) Non ter sido contratado por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2018 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

C) Os desempregados deberán reunir os requisitos e características para o adecuado desempeño das funcións aos que faga referencia a oferta presentada na Oficina de Emprego de Ferrol.

D) Requisito específico de posuír a formación indicada no artigo 6 do Decreto 104/2012, do 16 de marzo modificado polo decreto 35/2017 de 30 de marzo polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia.

Deberá indicar que titulación é usada como requisito da convocatoria e cal é usada na fase de concurso, sen prexuízo do disposto na disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia tendo en conta a modificación introducida polo decreto 35/2017 de 30 de marzo na súa disposición transitoria única sobre prórroga do prazo de inscrición provisional.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares