Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 03 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Roncarela adícalle o seu disco a Avarenta
19 Agosto 2008 09:24
O sábado durante o Festival Folk de Lubre, en Ares, Roncarela presentou ante o público o seu segundo disco.

Punta Avarenta, en Chanteiro, é o lugar elixido pola Xunta para instalar a planta EDAR co fin de depurar as augar residuais da zona sur da ría de Ferrol. Os traballos de acondicionamento están a punto de comenzar xa que a depuradora ten que estar funcionando en 2011. Esta nova é o punto de partida do novo traballo discográfico de Roncarela, un grupo de folk-rock creado hai dous anos en Ares. "Avarenta" é, precisamente, o nome deste traballo no que se inclúe un tema a lembrar este emplazamento do concello de Ares. Con el, a formación quere rendir, dalgún modo, unha pequena homenaxe a esta zona de Chanteiro que nuns anos cambiará radicalmente de aspecto.

O disco, que inclúe cinco temas máis, presentouse ao público o pasado sábado durante a celebración do Festival folk de Lubre, no concello de Ares.
"Avarenta" é a segunda maquetapublicada por Roncarela dende que hai dous anos os seis integrantes desta formación folk- rock comezaron a súa andaina de escenario en escenario. Durante este tempo, Roncarela que xurdiu das cinzas doutra formación do mesmo nome pero centrada nun folk moito máis tradicional que o que fai a día de hoxe, foi crecendo, pasando de dar pequenos concertos pola comarca a percorrrer diferentes lugares da xeografía galega.

Neste paso tivo moito que ver a entrada na rede de concertos da Deputación da Coruña, que axudou a que Roncarela se dese a conocer fóra das fronrteiras de Ferrolterra. Así, a vindeira ocasión de escoitar en vivo o folk-rock deste aresano será o 27 de setembro en Mondoñedo ou o 14 de Novembro na casa da cultura de Boimorto. Os que non poidan esperar tanto tempo teñen outra alternativa: facerse cunha copia do novo disco de Roncarela. Pódese mercar por cinco euros a través da súa web ou ben nos propios concertos.

CONTRAPORTADA DIARIO DE FERROL, 18 DE AGOSTO DE 2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares