Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 29 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
BANDO: Ante a alta incidencia rexistrada polo COVID19 (coronavirus), tras as medidas adoptadas por parte do Ministerio de Sanidade, o Concello de Ares adoptou as seguintes medidas
12 Marzo 2020 12:14

 Ampliar foto
JULIO IGNACIO IGLESIAS, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES FAGO SABER:

Ante a alta incidencia rexistrada polo COVID19 (coronavirus), tras as medidas adoptadas por parte do Ministerio de Sanidade, o Concello de Ares adoptou as seguintes medidas preventivas que afectan ao funcionamento dos servizos públicos, por un período inicial de 15 días, desde o día 13 ata o 31 de marzo:

- Suspensión das actividades deportivas organizadas polo Concello. Cancelación das actividades socioculturais organizadas polo Concello.
- Suspensión das actividades que se desenvolvan en centros municipais como talleres, cursos e similares; así como as propias do Complexo Acuático O Castro compartido co Concello de Mugardos.
- Suspensión das escolas deportivas.
- Suspensión de mercadillos e venda ambulante, mentres que o mercado municipal continuará coa súa actividade
- Recomendación ás asociacións e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante dito periodo.

Ditas medidas iranse adaptando á situación epidemiolóxica de cada momento, e informarase de cada variación que se poida producir con respecto ás mesmas.

O Concello de Ares quere enviar unha mensaxe tranquilizadora á veciñanza e insiste en que sigan as instrucións das autoridades sanitarias. Así mesmo, recoméndase consultar fontes oficiais para informarse, como a páxina do Ministerio de Sanidade (www.mscbs.gob.es) ou o teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.

Para evitar posibles contaxios lémbranse o seguinte:

• Recoméndase non acudir a lugares que conleven aglomeración de persoas, especialmente se se trata de sitios pechados e poñendo especial atención a colectivos vulnerables (persoas maiores, poboación infantil ou persoas con enfermidades crónicas).
• Lavarse as mans frecuentemente, sendo recomendable o uso de xeles desinfectantes.
• Ao toser ou esbirrar, cubrirse a boca e o nariz cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.
• Evitar tocarse os ollos, nariz e boca.
• Se se presentan síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares