Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases específicas para a contratación laboral temporal de 6 peons.
17 Maio 2020 18:00
A vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 29, do 12 de febreiro de 2020 no que se publica a Resolución número 2020/4819 de 11/02/2020 pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2020 (PEL-CONCELLOS), coa concesión ao Concello de Ares dunha subvención de 43.000 € “Obxecto: Programa de integración laboral”

Na súa virtude, en base aos preceptos legais aplicables, en especial, a Lei 7.1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei5/1997 de 22 de xullo e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, veño en aprobar as seguintes bases que teñen por obxecto a selección que nas mesmas se contemplan, baixo a modalidade contractual de contrato de obra ou servizo determinado ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo , en materia de contratos eventuais por circunstancias da produción.

RESOLVE:

Primeiro.- Aprobar as Bases específicas para a contratación laboral temporal de 6 peóns, que son as que a continuación se transcriben.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 6 PEONS.

Primeira.- Obxecto

Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia por importe de 43.000 €, ten por obxecto a contratación de seis peóns polo prazo de tres meses a xornada completa.

Segunda.- Selección

A selección terá lugar entre os candidatos que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación.

No proceso selectivo, valorarase como mérito finalizar favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin, terán que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal en risco de exclusión social, á que se fai referencia o punto seguinte de estas bases.

Terceira.- Requisitos do persoal para contratar.

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
e) Persoas en situación de drogodependencia.
f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
g) Persoas con fogar monoparental.
h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) Persoas vítimas de violencia de xénero.
j) Persoas sen fogar.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, polo menos ata a data de formalización do contrato.

BASES COMPLETAS en pdf
FORMULARIO SOLICITUDE INCLUSIÓN PROCESO en pdf
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares