Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 29 de Novembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases que rexerán a convocatoria para a contratación laboral temporal do persoal do Obradoiro De Emprego Reinicia VII” Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
20 Novembro 2020 12:00
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Asunto: BASES OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA VII
Número: 439/2020 do 13 de novembro de 2020.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 decembro de 2019 (DOG núm. 14 do 22 de xaneiro de 2020), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais Comunidade Autónoma de Galicia.

Os Concellos de Ares, Mugardos, Fene, Neda e Cabanas asinaron un convenio de colaboración para a realización do obradoiro de emprego por ter interese en colaborar, co obxectivo de solicitar unha subvención ao abeiro da Orde citada por considerar o beneficio que supón a realización conxunta do obradoiro de emprego.

O 5 de novembro de 2020 mediante Resolución da Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, concédese ao Concello de Ares unha subvención, co núm de Expte 15/0009/2020 por importe de 346.946,00€, para financiar os gastos de formación e funcionamento, así como a subvención para os gastos salariais de 20 alumnos/as-traballadores/as participantes para as especialidades (SSCS0208) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS e (MAMD0209)TRABALLOS DE CARPINTERÍA.

O 23 de xullo de 2020 recíbese da Dirección Xeral de orientación e promoción laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria circular núm 53/2020 de “Instruccións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio así como do alumnado-traballador dos programas de emprego para persoas mozas e obradoiros duais de emprego”.

Procede, polo tanto, seleccionar ás/os traballadoras/es con arreglo ás bases oportunas.

De acordo coas atribucións que confire á Alcaldía o artigo 21 da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente.

Por todo o anterior, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar as seguintes bases para a selección do alumnado e do persoal directivo e docente para a realización do proxecto do obradoiro dual de emprego “REINICIA VII”.

Este programa mixto de emprego e formación ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos, Eixe prioritario 1,a Empregabilidade e crecemento intelixente, que recolle un modelo integral de desenvolvemento coa finalidade de superar a situación laboral previa á crise e a creación de postos de traballo sustentables.

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA VII” FINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.

1ª.- OBXECTO
A través do procedemento de selección que se sinala nestas bases e de conformidade co disposto na lei5/2015 de 30 de outubro do Estatuto Básico do Empregado público, a lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, e demáis disposicións de pertinente aplicación, o obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego:

· Un/unha director/a (xornada completa) (Anexo II)
· Un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (SSCS0208) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (xornada completa) (Anexo III).
· Un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (MAMD0209)TRABALLOS DE CARPINTERÍA (xornada completa) (Anexo III)
· Un/unha docente de ensino básico (50% da xornada) (Anexo IV)
· Un/unha docente de formación empresarial (50% da xornada) (Anexo V)
· Un/unha auxiliar administrativo (50% da xornada) (Anexo VI)
· Vinte (20) alumnos/as traballadores/as inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego (Anexo VII)

O importe total da subvención concedida corresponde a.346.946,00€.

BASES en pdf
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares