Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bágoas para despedir a un dos entroidos máis participativos
26 Febreiro 2009 09:37
Como non podía ser doutro xeito a toda festa lle chega o seu fin, máis aínda se se trata do Entroido e do Mércores de Zinza, que marca, na maioría dos casos, o final desta celebración popular, que este ano se caracterizou pola presenza do bo tempo, que durante os últimos días propiciou que os actos contasen con máis participación que noutros anos, sobre todo á hora de saír disfrazados ás rúas. Aínda así, a esmorga continuará estes días nalgún outro rincón da nosa comarca.


Andan as viuvas do Entroido todas apesadumbradas despois de queimar onte o corpo de Don Carnal. Pero, así é esta festa, primeiro rise un co Entroido e despois chórase coa súa morte. De tódolos xeitos a pena non dura moito, pois como fai a ave Fénix, que rexurde das súas zinzas, para o vindeiro ano temos Entroido de novo.

Así, despois da festa grande de Ferrol do martes, onte viviron a súa os de Ares, Mugardos, Pontedeume e Fene. Noutros puntos da comarca como Narón e Neda, aínda que non houbo enterro da sardiña nin actos do Entroido, foi día festivo, ao igual que en Fene e na vila aresá.

Así as cousas, en Ares comezou a festa a partir das cinco da tarde, co desfile dos entroidos que participaron no concurso, xunto con con veciños da vila e os membros do espectáculo “Quen dixo circo”, que percorreron as rúas ata o CPI Conde Fenosa, onde se desenvolveron os actos e se premiou ó mellor entroido, que nesta edición foi para a Asociación Cultural O Tilo, que foi agraciada cunha cesta con produtos de tempada. Durante a tarde tamén se repartiron 600 racións de orellas con chocolate quente. Todos os entroidos que se presentaron ao concurso foron queimados na praia pasadas as 20.30 horas.

Unha hora máis tarde, arrancaba a festa en Mugardos e Fene. No primeiro concello, ao igual que en Ares, premiouse ao mellor entroido feito polos veciños, o resto foron pasto das lapas. En Fene, como é costume, o entroido corre pola conta do Concello, mentres que as comparsas son as protagonistas da festa. En total, participaron 17 formacións que partiron nun pasarrúas dende Perlío ata a praza do Concello, onde actuaron. Tras a intervención das mesmas procedeuse á tradicional lectura do testamento e posterior entrega de agasallos ás mellores máscaras. A orquestra Os Satélites puxo música á festa ata ven entrada a noite.

En Pontedeume o enterro da sardiña centrou as actividades do día. Velouse ó morto dende as 12.00 horas, despois celebrouse a tradicional comida dos parentes. Xa pola tardiña, a lectura do testamento e a procesión co falecido, a partir das 20.00 horas, centraron os actos do día na vila eumesa.

En lugares como Valdoviño, As Pontes e Mañón a festa prosegue esta fin de semana.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
26-02-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares