Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
As novas farmacias de Ares e Narón poderán abrir en setembro
10 Agosto 2009 09:34
A Consellería de Sanidade autorizou 17 novas oficinas de farmacia en Galicia. Son as primeiras dun total de 87 que se adxudicaron mediante un concurso público nun proceso que comezou en outubro de 2006. Entre as primeiras licencias figuran os despachos de Ares e Narón.
A Xunta resolveu os primeiros expedientes favorables á autorización de locais, que afectan a 17 novas oficinas en Galicia. Case a metade (oito) sitúanse na provincia da Coruña, mentres que unha ubícase en Lugo e oito en Ourense e Pontevedra (catro en cada unha delas).
Este trámite implica que os destinatarios disporán dun prazo de seis meses para executar as reformas pertinentes para preparar o establecemento para a súa apertura e inicio da actividade. A Consellería de Sanidade confía en que algunhas destas 17 farmacias poida estar xa funcionando antes de que remate setembro.
A resolución dos demais expedientes (un total de 87) irase solventando nas vindeiras semanas, polo que Sanidade agarda que a maioría das novas oficinas estean abertas antes de que remate 2009.
Nove oficinas > O concurso convocado pola Xunta, pendente desde o ano 1999 e cuxa tramitación comezou en 2005, supón a autorización de nove farmacias na área sanitaria de Ferrol. Déronse permisos para abrir dúas nas Pontes (onde na actualidade hai tres), unha en Ares, tres en Narón (O Couto, Piñeiros e A Gándara), dúas en Pontedeume (Vilar e no casco urbano) e unha en Neda.

DIARIO DE FERROL Sábado 8 de Agosto de 2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares