Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Teatro, música, turismo e contos centran os programas do período navideño
22 Decembro 2009 05:24
A concelleira de Festas de Narón, María del Mar Gómez, presentou onte a programación das festas de Nadal, ás que se destinarán 55.000 euros das arcas municipais. A edila explicou que se trata de actividades dirixidas a tódolos públicos, de carácter gratuíto e que se celebrarán na Praza de Galicia. A programación diferencia tres eventos: os festivais infantís, a festa de Fin de Ano e o recibimento ós Reis Magos. O día 26 comezarán os actos programados no municipio naronés cunha festa infantil, entre as catro e as sete da tarde. Nese mesmo horario, na xornada do 27 haberá outra festa para os nenos e tamén cine infantil, baixo unha carpa con capacidade para 200 persoas. Inchables, karaoke, atraccións e animación a cargo do grupo Diver Show centrarán as sesións convocadas para os días 28, 29 e 30 deste mes. Para rematar o ano, a Praza de Galicia albergará unha gran carpa climatizada de 1.200 metros cadrados e con capacidade para 300 cadeiras na que se celebrará, con entrada gratuíta, a festa de Fin de Ano, coa actuación das orquestras Filadelphia e Montes. O 2 e o 3 de xaneiro haberá actividades para nenos pola tarde e, o 4, recibirase, ás cinco, ós Reis Magos. O Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón recibirá hoxe e mañá, entre as seis da tarde e as nove da noite a Papa Noel.

A ONG Lena, tamén de Narón, programou para este sábado un festival solidario, ás oito do serán no Pazo da Cultura, no que participarán a Banda de Gaitas do Padroado, o grupo tradicional de baile Alxibeira, a Escola de Bailes de Salón e o Clube Acordes. Ricardo Barreiro, Cándido Pazó e Iolanda Muíños colaboran na iniciativa. A ONG habilitará unha tenda solidaria na Praza de Galicia os días 27, 28, 29 e 30 deste mes e o 2, 3 e 4 de xaneiro, onde se venderán produtos artesanais.

O Concello de As Pontes retoma hoxe as citas convocadas con motivo das festas de Nadal. A Casa Dopeso acollerá ás oito un festival, a cargo da Rondalla Vila de As Pontes. A música e o teatro infantil centrarán as actividades de mañá. Ás seis da tarde a compañía Loca-Motora visitará a biblioteca coa montaxe "Carlota e Marieta van en avioneta". Tamén mañá, a partires das sete da tarde na Casa Dopeso poderase presenciar unha clase aberta da escola municipal de acordeón, a partir das sete. Sobre as 20.30 horas terá lugar nas mesmas instalacións da vila un combo de música moderna no que participarán alumnos das escolas municipais de batería, baixo e guitarra. Tralas xornadas de Noiteboa e Nadal comenzarán as actividades do programa Cine de Nadal, con estreas dirixidas tanto ao público adulto como ao infantil.

O municipio de Ortigueira reeditou con motivo do período navideño a campaña de sendeirismo "Ortigueira ao paso". O departamento de Turismo e a empresa Roteiros activaron a versión invernal do programa, coa finalidade de ofrecer unha interpretación do patrimonio natural da zona a través de servizo de guías. A primeira saída será este sábado, desde Ortigueira, no tren das 8.30 horas. A "ruta dos tesouros do río Mera", de dez quilómetros, é un itinerario que se limpou hai pouco tempo e que utiliza parte do Camiño Real. O 2 de xaneiro percorrerase a rota das algas, de 12,5 quilómetros, e o 9 de xaneiro haberá un itinerario de montaña, ata o santuario de Portas. A actividade custa dous euros e require inscrición previa na oficina de Turismo. Así mesmo, Servizos Sociais de Ortigueira convoca nos centros sociais un ciclo de talleres de aperitivos navideños e outro de adornos de nadal e vilancicos. As sesións, de hora e media, serán os días 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro.

A biblioteca municipal de Ares acollerá hoxe ás 17.30 horas a sesión de contacontos "O Nadal no mundo", unha actividade dirixida aos máis pequenos da casa. O consistorio convocou para a xornada de mañá unha actuación de maxia, que correrá a cargo do Mago Romarís e que comezará ás seis na biblioteca. O Concello repartiu medio milleiro de dípticos anunciando as actividades programadas para o Nadal. Poden recollerse nas instalacións do colexio Conde de Fenosa, no consistorio ou na biblioteca (Alianza Aresana), tal e como se explicou desde o municipio.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
22-12-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares