Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 06 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
10 CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA COIDARNOS NA EMERXENCIA SANITARIA POLO CORONAVIRUS
01 Abril 2020

1. PREGÚNTATE que sabes realmente sobre o coronavirus. INFÓRMATE en fontes fiables como son o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade, os profesionais sanitarios, nas webs coronavirus.sergas.gal, www.cofc.es ou en www.copgalicia.gal ou a través do portal da OMS sobre o coronavirus.

2. SÉ SOLIDARIO/A: Permanecer na casa é unha forma de protexerte a ti e aos demais. Fala coas persoas que te rodean cunha actitude positiva e responsable.

3. OBSERVA como está o teu corpo. Escóitao e ante calquera signo de malestar como tose, febre ou dificultade para respirar chama ao 900 400 116 con tranquilidade. Evita acudir aos centros de saúde e urxencias médicas.máis

4. ESTABLECE rutinas de coidado: lava as mans con frecuencia, usa panos de usar e tirar e mantén a distancia recomendada con outras persoas. Cumprir as indicacións fai que nos sintamos e esteamos seguros e seguras.

5. DETÉN os malos pensamentos e substitúeos por outros máis positivos. Vive o día a día.

6. SENTIR MEDO, PREOCUPACIÓN, ANSIEDADE, ESTRÉS... é normal ante unha situación tan excepcional. As emocións teñen un papel adaptativo e todas son necesarias. Se observas que as túas emocións son moi intensas, e non es capaz de xestionalas, pídenos axuda a todas e todos os profesionais sanitarios: farmacéuticos/as, psicólogos/as, médicos/as, enfermeiros/as e demais estamos para axudarche.

7. Lembra as túas FORTALEZAS. Na túa historia de vida contas con experiencias previas nas que tiveches que superar a túa ansiedade e o teu medo. Dentro de ti posúes os recursos necesarios para facer fronte a situacións adversas. Ponte en marcha para afrontar dunha maneira saudable esta nova situación.

8. ORGANÍZATE tanto na casa como no traballo. Na casa comparte as tarefas domésticas coas persoas coas que convives. No traballo explica a túa situación persoal e se tes que teletraballar, faino establecendo un espazo e un horario. As rutinas dan sensación de normalidade e de control.

9. MANTENTE EN CONTACTO cos teus familiares e amizades. Aproveita a tecnoloxía para comunicarte, especialmente coas persoas que están illadas. Utiliza o humor para ter unha visión máis distendida da situación.

10. OPORTUNIDADE en tempos de CRISE. Este tempo de recollemento pode ser moi enriquecedor e unha oportunidade para reflexionar, ler, darlle corda á nosa creatividade, xogar cos fillos e fillas e aproveitar para facer aquilo na túa casa que non puideches por falta de tempo. Tócanos vivir un momento excepcional e temporal do que todos e todas imos aprender.

Esta situación ten un comezo e un final; desta saímos xunt@s.




 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares