Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 11 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “MAÑÁS DE LECER” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2020)
23 xuño 2020

INTRODUCIÓN:
Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación para as familias galegas durante a época estival.

Este ano, a crise sanitaria provocada polo COVID-19 supuxo que o Goberno central declarase o estado de alarma dende o pasado 14 de marzo, o que implicou unha restrición na circulación das persoas, a suspensión de clases presenciais ou as actividades de tempo libre en xeral, polo que os nenos e nenas viron limitadas as súas opcións de ocio e educación non formal. Así mesmo, a progresiva volta ao traballo presencial, fai necesario contemplar e valorar a oportunidade de ofrecer recursos de conciliación, como é esta actividade.
Realizaránse actividades adaptadas e extremando as precaucións e normas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes, nas que se reforce o recomendable distanciamento físico (1,5 metros, sempre que sexa posible, non hai que esquecer que son nenxs), nas que se empreguen os materiais de proteción individual cando ese distanciamento non sexa posible, e se traballe en grupos de participantes máis reducidos, sen perder o carácter educativo, interactivo e de participación polo que se caracterizan. Estableceráse tamén un compromiso conxunto entre os organizadores da propia actividade, as familias e os propios participantes para que o desenvolvemento das actividades se poidan realizar coas máximas garantías posibles.

Qué é este Servizo?
O Servizo de “Mañás de lecer ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.
Este servizo, lévase a cabo dende a Concellaría de Servizos Sociais, seguindo unha rigorosa orde de seleción segundo os criterios de acceso ( páxina 5 ), e donde teñen preferencia os casos de emerxencia social e aquelas familias nas que ámbolos proxenitores traballen e non excedan os 2500€ cos salarios netos da unidade familiar (que non se acollan ao Bono Coidado Extraordinario da Xunta). Para atender axeitadamente cada caso, este programa conta con dúas persoas coordinadoras, unha Diplomada en Educación Social e Educadora Familiar, e outra Mestra Especialista de Educación Infantil.

Ademais, para unha correcta labor do servizo contaremos con:
- Tres educadores (un por cada tramo de idade) coa cualificación necesaria para exercer a labor directamente nas aulas( mestres/mestras de educación infantil ou primaria, director/a-monitor/a de tempo libre, educador/a infantil). Ademais, tendo en conta a situación, estes estarán formados en medidas de actuación fronte o Covid-19
- Un/unha limpadorx-coordinadora covid-19, que estará pendente en todo momento da hixienización dos espazos donde se leven a cabo as actividades, e avisaría ás autoridades pertinentes se houbese algún posible caso de covid.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:

Obxectivos xerais:
- Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
- Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
- Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.
- Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo libre.
- Facilita-la maduración da personalidade dos nenos e nenas nos seus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.
- Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolos niveis municipais.
- Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respecto á diversidade.

Obxectivos Covid-19:
- Adaptar as actividades ao novo escenario provocado pola afectación do COVID-19.
- Favorecer o coñecemento e a correcta aplicación das medidas hixiénico sanitarias tanto nas instalacións, como no persoal, equipo de educadores /monitores e nenxs participantes en cada actividade.
- Establecer un protocolo de actuación que permita dar unha resposta ante un posible caso infeccioso por COVID-19.
Obxectivos específicos:
- Promover estilos de vida saudables.
- Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.
- Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
- Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
- Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.
- Favorecer a toma de decisións.
- Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.
- Promover a resolución pacífica de conflitos.
- Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.
- Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
- Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e a creatividade xunto co seu grupo de iguais sexa o máis importante.
- Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
- Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.
Todo isto, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:
- Adecuación aos principios educativos.
- Consideración dos obxectivos, facendo sobre todo fincapé nas medidas sanitarias existentes.
- Motivación para unha aprendizaxe significativa.
- Coherencias pedagóxico-didácticas.
- Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.
- Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

DESTINATARIOS
Nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos empadroados no Concello de Ares, nxs que ámbolos proxenitores traballen e non excedan os 2500€ cos salarios netos da unidade familiar (e que non se acollan ao Bono Coidado Extraordinario da Xunta).
Prazas:

O Decreto 50/2000 (Título II, Capítulo II e artigo 47) fixa a ratio mínima para as actividades de tempo libre en 1 monitor/a por cada 7 rapaces e rapazas no caso de que as persoas participantes teñan idades inferiores aos 9 anos e de 1 monitor/a para cada 7 participantes no caso de maiores de 9 anos. Seguindo isto, a repartición dos nenxs será a seguinte:

• de 3 a 4-5 anos: poderán solicitalo todos aqueles nenxs que cumpran 3 anos ao longo do 2020 (7 nenxs)
• de 5-6 a 7-8 anos (7 nenxs)
• de 8-9 a 12 anos (7 nenxs)
Estas cifras e división de grupos por idades poderán variar no caso de que exista maior demanda que oferta sempre baixo o criterio das persoas coordinadoras, quen terán presente non prexudicar o bo desenvolvemento do servizo.

HORARIO
O horario é o seguinte:
Xullo e agosto de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres, agás festivos.

INSTALACIÓNS
Esta actividade lévase a cabo:
• Aulas e patio do CPI As Mirandas de Ares.
• Pista cuberta do CPI As Mirandas.
• Calquera outra instalación municipal que cumpra os requisitos e se habilite a tales actividades.
• Espazos naturais do Concello.

CRITERIOS DE ACCESO E PREFERENCIA DO SERVIZO:
Xa que o Servizo de “Mañás de lecer” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:

• Nenx empadroado no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando que non superen os 2500€ cos salarios netos da unidade familiar ( ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).

Anotacións:
• Terán prioridade aquelas unidades familiares que teñan un maior número de membros solicitantes desta actividade.

• A orde das listaxes do alumnado dentro de cada punto anterior virá dada pola renda da unidade familiar (de inferior a maior).

DOCUMENTACION A PRESENTAR:
As familias interesadas, dentro do prazo de solicitude, deberán presentar a solicitude mediante rexistro electrónico a través da sede dixital do concello https://ares.sedelectronica.es :

• Folla de inscrición cuberta.
• Autorizacións de saídas e imaxes.
• Declaración de responsabilidade sanitaria.
• Declaración da renda do exercicio 2019, ou no caso de non estar obrigado a presentala, certificación da AEAT que acredite este feito ademais dos datos fiscais que consten la AEAT na que se poidan observar os ingresos anuais da unidade familiar durante o 2019.
• Declaración responsable conforme non se percibe o Bono Coidado Extraordinario da Xunta.
• Fotocopia do DNI do neno ou nena ou no seu defecto fotocopia da folla onde aparece no libro de familia.
• Fotocopia da cabeceira da nómina, contrato en vigor dos proxenitores ou calquera outro documento legal que acredite a situación de empregabilidade do/s proxenitor/es e horarios( por conta propia ou allea ).
• Certificado de convivencia.
• Fotocopia do carné de familia numerosa no seu caso.
• Certificado médico de alerxias ou problemas médicos a ter en conta pola monitora, e avisar se as nenas ou nenos están de alta coma casos de alerta escolar no SERGAS.
• Informe emitido dende a Concellaría de Servizos Sociais, no seu caso.
• Convenio regulador de separación o divorcio se fose o caso/ sentencia xudicial.

Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web do concello no apartado destinado á actividade, e no Edificio da Alianza Aresana, á que se poderán facer alegacións no prazo de dous días hábiles. Unha vez revisadas as alegacións formuladas publicárase a listaxe definitiva.

No caso de que exista maior demanda que oferta de prazas, elaborarase unha listaxe de agarda seguindo os mesmos criterios anteriores.

No caso de variación das circunstancias laborais dalgún dos proxenitores entre o momento da solicitude e a publicación da resolución definitiva, as familias poderán solicitar a incorporación de novos documentos xustificativos para a súa valoración.

TAXAS:

TRAMOS EMPADROADO
IPREM MENSUAL: 540,60 € MES COMPLETO

DO 50 % IPREM ata 100 %

270,30€- 540.60€ 150 €

Do 100 % IPREM ATA O 125%

540.60€-675,76€ 200 €

Para o cálculo da tarifa terase en conta a renda mensual per cápita referida ao IPREM vixente, entendendo por tal o resultado de dividir a suma dos ingresos anuais totais da unidade familiar entre 12 meses e o seu resultado entre os membros que a compoñen.
Para os efectos da presente regulación, ten a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado da documentación económica achegada.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20 % ou mais dos seus ingresos durante mais de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF do exercicio anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta a valoración.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar divididos polo número de membros computables.

Para o previsto nestas bases, considérase que compoñen a unidade familiar:
- Os pais/nais non separados legalmente e, no seu caso o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
- Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.
- Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante do servizo. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unido/a ao pai/nai e que si que conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias que se teñen en conta no baremo de bonificación das taxas.
A omisión, falsidade dos datos ou dos documentos achegados, serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

NORMAS SOBRE A IMPUTACIÓN DAS COTAS
Aquelas persoas solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade económica, no prazo de subsanación correspondente, aboarán a tarifa prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 100% do IPREM.

BENEFICIOS FISCAIS
Terán dereito as seguintes bonificacións:
• Bonificación do 20% para os nenos e as nenas pertencentes a familias numerosas
• Bonificación do 10% dende o 2º irmá dentro da actividade ( desconto aplicable para o segundo irmá/n e seguintes ) .

Os beneficios fiscais recollidos neste apartado, non serán acumulables no caso de concorrer estas dúas circunstancias na mesma praza.

A solicitude de bonificación de taxas deberá facerse por escrito no momento de presentar a solicitude do servizo.

DEVENGO
A obriga de pagamento para xs usuarixs nace cando se produza a notificación de admisión no servizo mediante a publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido (a cota a aboar poderá calcularse coa táboa anterior ou consultarse na biblioteca municipal) e na forma que se indique na devandita resolución.

A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da taxa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

NORMAS DE XESTIÓN
Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante transferencia bancaria no número de conta que se designe na resolución de admisión e sempre antes de comezar a recibir o servizo.

As cantidades aboadas só se devolverán no caso de non poder utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

Os pagos do servizo, deberán estar ao día o 10 de setembro de 2020, en caso contrario non se lle permitirá o acceso ao servizo o ano seguinte.

PRAZO DE SOLICITUDE :
O prazo para presentar a solicitude comezará o martes 23 de xuño de 2020 e rematará o martes 30 de xuño de 2020 (incluído).


BASES COMPLETAS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares