O Concello de Ares a través das axudas a Entidades Locais para proxectos de investimento en economía baixa en carbono- Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) “Unha maneira de facer Europa” convocadas por o IDAE ( Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) do Ministerio da Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recibiu unha axuda do 80% do importe do proxecto “RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN, ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN EXTERIOR NA RÚA MAZOTE. ARES”, o cal ascende a 117.363,70€. Dita axuda por tanto é de 93.891,00€.
O obxectivo específico que se busca é o 431 que consiste en conseguir a eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e Servizos Públicos.
Os resultados obtidos consistiron en cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumpren cos requisitos elegibles para este tipo de luminarias, permitindo así unha economía baixa en Carbono.
En Ares a, 25 de novembro de 2019.
Asdo. D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares