Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 10 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
VII CONCURSO DE PINTURA "MANUEL REBÓN" 2013
03 Setembro 2013

RECEPCIÓN DE OBRAS: LOCAL SOCIAL C.I.R.S. DE CERVÁS (ARES) DENDE O 3 AO 12 DE SETEMBRO

EXPOSICIÓN: C.I.R.S. DE CERVÁS DO 15 AO 28 DE SETEMBRO (logo do fallo do Xurado o día 14)

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN/ENTREGA DE PREMIOS: C.I.R.S. DE CERVÁS. O 28 DE SETEMBRO ÁS 20 HORAS

ORGANIZA: CONCELLO DE ARES
COLABORA: C.I.R.S. DE CERVÁS

Para nacidos e residentes en Galicia de acordo coas seguintes bases:

1. Os/as concursantes serán maiores de 18 anos e poderán concursar cun máximo de unha obra, única e orixinal que se axustará as seguintes normas:
Tema: Libre
Técnica: Oleos e acrílicos
Tamaño máximo: 110 x 110, incluíndo o marco.

2. As obras deberán estar enmarcadas o acondicionadas para a súa exposición. Non se admitirán as obras protexidas por cristal o PVC.

3. As pinturas entregaranse no local social C.I.R.S. de Cervás (Ares) dende o 3 ao 12 de Setembro, ambos incluídos, en horario de Luns a Venres de 19 a 21 horas. Sábados e Domingos de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas.

4. As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor/a, figurando na parte de atrás o nome completo, o enderezo, o número de teléfono, o número do DNI, a data da execución do cadro, o título e acompañarase fotocopia de DNI i e-mail se o tivera.

5. A retirada de cadros farase persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante 15 días a partir da finalización da exposición: pasado o devantido prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles. O Sábado 28 de Setembro será a clausura e entrega de premios.

6. As obras pasarán unha selección previa antes de ser admitidas definitivamente. Desta selección farase cargo un xurado especializado.

7. Os premios serán os seguintes:
1º premio …………………………………. 1.200 euros.
Premio o mellor pintor local …….….. 300 euros.
Haberá tamén 2 accesits.
Ao premio aplicáraselle a retención fiscal correspondente según a lexislación vixente nese momento.

8. Os premios serán en metálico y non poderán dividirse nin declararse desertos.

9. Os cadros premiados quedarán en poder do Concello de Ares, e pasarán a formar parte do patrimonio cultural do mesmo, podendo reproduc ilos e difundilos con enteira liberdade.

10. O Concello porá todo o seu coidado nas obras presentadas. Nembargantes non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro caso ou causa allea á súa vontade.

11. Os premios fallaranse o Sábado 14 de Setembro, por un xurado composto por persoas vinculadas co mundo da cultura. Se a cantidade de obras finalistas fora moi numerosa, farase unha selección posterior para a exposición por motivos de espazo expositivo.
A exposición das obras quedará aberta do 15 ao 28 de Setembro no C.I.R.S. de Cervás, o día 28 de Setembro ás 20 horas.

12. O ditame do Xurado será inapelable e darase a conocer na apertura da exposición que a tal efecto organizará o Concello de Ares. Os/as concursantes polo feito de concursar, aceptan íntegramente as presentes bases.

NOTAS:
Enténdese por pintor local, os nados ou empadroados na actualidade neste Concello. Ningún concursante poderá acadar máis dun premio.
Non poderán presentarse ao concurso os agraciados cos premios en metálico do ano anterior. Sí os accesit.


BASES DO CONCURSO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares