Pola presente infórmase de que vaise regular o uso da pista exterior do colexio CPI “ Conde de Fenosa”, polo serán, e comunícase que a partir do día 20 de novembro, será preciso recoller as chaves da pista nas oficinas do pavillón deportivo municipal e deixar un documento identificativo oficial, que será devolto unha vez sexa entregada a chave ao rematar o período de uso da instalación deportiva. O servizo é de balde. O horario de uso será o que segue:
Todos os días da semana, de 16 a 18,30 horas (agás os luns e os venres, que estará reservado para actividades deportivas organizadas pola ANPA).
REXÍSTRATE E XOGA!
CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE ARES