Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 26 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
05 Abril 2017

BASES:

O concurso está dirixido a todos/as aqueles/as nenos/as matriculados en 1º,2º,3º, e 4º da E.S.O.

As obras que se presenten a este Certame de Relato Curto, na súa modalidade de Conto Literario, terán que ser escritas en lingua galega.

O tema é libre. Cada autor/a poderá participar cunha soa obra. Os orixinais deben ser inéditos e que non foran anteriormente premiados en ningún outro certame.

As narracións terán unha extensión máxima de oito folios, escritos a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara, con letra Arial 12. Se non se respeta este formato, os relatos quedarán excluídos do concurso.

Os relatos non poden ir grampados, entregaranse soltos ou con clip.

Deberán ademais incluír unha portada relacionada coa temática da obra.

Establécense dúas categorías:

1º e 2º da ESO: 1º e 2º premio .
3º e 4º da ESO: 1º e 2º premio .

Ademais van ser publicados os relatos agasallados na web do Concello e otorgaráselle un diploma acreditativo a tódolos participantes.

Os premios do Certame poderán declararse desertos. O resultado do Xurado será inapelable.

As obras poderanse presentar asinadas con lema ou pseudónimo que figurará tamén nun sobre pechado có título da obra. No interior do sobre farase constar a identidade do autor, teléfono, enderezo actual, correo electrónico e fotocopia do DNI.

Os orixinais enviaranse á Biblioteca Municipal de Ares, sita en R/ María, Nº 11, dende o mércores 5 de abril ata o venres 28 de abril, e en horario:

MAÑÁ: 09:00-14:00h
TARDE: 16:30-19:30h

O acto de entrega dos premios realizarase no salón de actos da Biblioteca Municipal de Ares, o martes, día 16 de maio de 2017, ás 19:00 horas.

Os orixinais non premiados poderanse recoller na Biblioteca Municipal no mes seguinte á entrega dos premios. Pasado este tempo, serán destruídos.

O Concello de Ares resérvase o dereito de publicar a obra gañadora nesta e en sucesivas edicións do Certame.

A participación no Certame supón a total aceptación destas bases e a Concellaría de Cultura resérvase o dereito de resolver calquera continxencia non prevista nas mesmas.

ORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA E OMIX DE ARES

COLABORAN:
- CPI AS MIRANDAS
- IES MUGARDOS
- CENTRO DE ENSEÑANZA COLEGIO LOYOLA-MUGARDOS

INFORMACIÓN NO TLF: 981. 448 .057


BASES en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares