Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 25 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “MAÑÁS DE LECER” (SERVIZO DE LUDOTECA MUNICIPAL)
02 Maio 2017

O Servizo de “Mañás de lecer ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:

Obxectivos xerais:
- Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
- Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
- Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.
- Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo libre.
- Facilita-la maduración da personalidadedosnenos e nenasnosseus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.
- Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolosniveismunicipais.
- Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respectoádiversidade.

Obxectivos específicos:
- Promover estilos de vida saudables.
- Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.
- Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
- Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
- Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.
- Favorecer a toma de decisións.
- Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.
- Promover a resolución pacífica de conflitos.
- Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.
- Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo, os xoguetes e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
- Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo e os xoguetes, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e creatividade xunto co seu grupo de iguais.
- Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
- Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.

Todo elo, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:
- Adecuación aos principios educativos.
- Consideración dos obxectivos xerais.
- Motivación para unha aprendizaxe significativa.
- Coherencias pedagóxico-didácticas.
- Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.
- Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

Este proxecto desde o seu inicio lévase a cabo en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais, xa que aínda que se segue unha rigorosa orde de selección segundo os criterios de acceso, teñen preferencia os casos de emerxencia social ou aqueles nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade. Para certificar os posibles casos, contamos coa colaboración do dito departamento que estudarán e valorará cada caso, elaborando o informe correspondente.

Para atender axeitadamente cada caso, este programa conta con dúas coordinadoras, unha delas do Departamento de Servizos Sociais e outra do Departamento de Cultura (Licenciada en Psicoloxía e Diplomada en Educación Social, respectivamente).

Ademais, contaremos con tres tutoras/es, levando a dirección unha mestra de Educación Infantil(titora tamén dunha das aula) e dúas/dous titoras/es (mestres/mestras de educación infantil ou primaria, director/a-monitor/a de tempo libre, ou educador/a infantil) que prestarán o servizo.

As actividades realizadas no servizo, desenvólvense en equidade en lingua galega e castelán (segundo a Lei de Normalización lingüística: DECRETO 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia DOGA Nº97 do 25 de maio de 2010), favorecendo a integración dos nenos e nenas que poidan proceder doutros lugares fóra de Galiza.

Os/as responsables das aulas, levarán un control rigoroso da asistencia das persoas seleccionadas, ó mesmo tempo que realizarán unha avaliación continua diaria baseada na observación, é dicir, a/o responsable observa a mellora ou non, do comportamento de cada rapaz/a, da súa psicomotricidade fina, do cumprimento das normas, da forma de relacionarse có resto dos/as compañeiros/as, etc.

Na aula hai unha normativa que os/as nenos/as coñecen, son normas de comportamento, conduta, convivencia, horarios e coidado da aula. As titoras/ os titores teñen un sistema de recompensa por puntos, baseada na retirada de puntos cada vez que se incumpre unha norma, recompensando ó final de cada semana, a aqueles/as que non incumpriran ningunha norma.

Dentro destas normas están os horarios e condutas a seguir durante a merenda, momento que aproveitamos para ensinar e reforzar comportamentos e hábitos saudables, ademais de nos momentos do obradoiro de cociña que máis adiante explicaremos.

Todos os cambios ou noticias referentes ó servizo “Mañás de lecer” sairán publicadas na páxina web do Concello www.concellodeares.com, así como na cartelaría que dende o Concello se distribúe para os locais municipais, ademais da información que poidan publicar nos xornais de A Voz de Galicia ouDiario de Ferrol

DESTINATARIOS
Nenos/as con idades entre os 3 aos12 anos, repartidos en 3 aulas:
• de 3 a 5 anos: poderán solicitalo todos aqueles nenos e nenas que cumpran 3 anos ao longo do 2017 (15 máximo).
• de 6 a 8 anos (20 máximo)
• de 9 a 12 anos (25máximo)
Estas cifras poderán variar en función da demanda por grupo.

DOCUMENTACION A PRESENTAR:
As familias interesadas, dentro do prazo de solicitude, deberán presentar:
• Folla de inscrición cuberta.
• Declaración da renda do exercizo2016.
• Fotocopia do DNI do neno ou nena ou no seu defecto fotocopia da folla onde aparece no libro de familia.
• Fotocopia da cabeceira da nómina, contrato en vigor dos proxenitores ou calquera outro documento legal que acredite a situación de empregabilidade do/s proxenitor/es ( por conta propia ou allea ).
• Volante de empadroamento.
• Fotocopia do carné de familia numerosa no seu caso.
• Certificado médico de alerxias ou problemas médicos a ter en conta pola monitora, e avisar se as nenas ou nenos están de alta coma casos de alerta escolar no SERGAS.
• Informe emitido dende a Concellaría de Servizos Sociais, no seu caso

- Rematado o prazo de matrícula, publicarásea listaxe provisionalde persoas admitidas e excluídas na páxina web do concello no apartado destinado á actividade, e no Edificio da Alianza Aresana, á que se poderán facer alegacións no prazo de cinco días hábiles. Unha vez revisadas as alegacións formuladas publicaráse a listaxe definitiva.

- No caso de que exista maior demanda que oferta de prazas, elaboraráse unha listaxe de agarda seguindo a mesma os mesmos criterios anteriores.

- No caso de variación das circunstancias laborais dalgún dos proxenitores entre o momento da solicitude e a publicación da resolución definitiva, as familias poderán solicitar a incorporación de novos documentos xustificativos para a súa valoración.

TARIFAS E BONIFICACIÓNS

TRAMOS
EMPADROADO NON EMPADROADO EMPADROADO NON EMPADROADO
IPREM MENSUAL: 532,51€ MES COMPLETO MES COMPLETO QUINCENA QUINCENA

ATA 30 % IPREM
Ata 159,75 € - € 15 € - € 8 €

Do 30 % ata 50 % IPREM
159,76€ -266,25€ 23 € 38 € 13 € 23 €

Do 50 % ata 75%IPREM
266,26€ -399,38€ 45 € 75 € 25 € 45 €

Do 75 % ata 100 % IPREM
399,39€- 532,51€ 68 € 113 € 38 € 68 €

Do 100 %IPREM en adiante
532,51€ en adiante 90 € 150 € 50 € 90 €

Para o cálculo da tarifa terase en conta a renda per cápita mensual referida ao IPREM vixente, entendendo por tal o resultado de dividir a suma dos ingresos anuais totais da unidade familiar entre os membros que a compoñen.

Para os efectos da presente regulación, ten a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral mais a base impoñible do aforro.Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado da documentación económica achegada.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20 % ou mais dos seus ingresos durante mais de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF do exercicio anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta a valoración.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar divididos polo número de membros computables.

Para o previsto nestas bases, considérase que compoñen a unidade familiar:
- Os pais/nais non separados legalmente e, no seu caso o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.

- Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.

- Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de Decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante do servizo.En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unido/a ao pai/nai e que si que conviva co solicitante.A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias que se teñen en conta no baremo de bonificación das taxas.

A omisión, falsidade dos datos ou dos documentos achegados, serán causa de denegación, conindependencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

NORMAS SOBRE A IMPUTACIÓN DAS COTAS
Aquelas persoas solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade económica, no prazo de subsanación correspondente, aboarán a tarifa prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 100% do IPREM.

BENEFICIOS FISCAIS
Terán dereito as seguintes bonificacións:
• Bonificación do 50% para os nenos e as nenas pertencentes a familias numerosas
• Bonificación do 50% dende o 2º irmá dentro da actividade .

Os beneficios fiscais recollidos neste apartado, non serán acumulables no caso de concorrer estas circunstancias na mesma praza.

A solicitude de bonificación de taxas deberá facerse por escrito no momento de presentar a solicitude do servizo.

DEVENGO
A obriga de pagamento para os/as usuarios/as nace cando se produza a notificación de admisión no servizo coa correspondente cota a aboar e na forma que se indique na devandita resolución.

A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da taxa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

NORMAS DE XESTIÓN
Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante transferencia bancaria no número de conta que se designe na resolución de admisión e sempre antes de comezar a recibir o servizo.

As cantidades aboadas só se devolverán no caso de non poder utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

Os pagos do servizo, deberán estar ao día o 15 de setembro de 2017, en caso contrario non se lle permitirá o acceso ao servizo o ano seguinte.

CRITERIOS DE ACCESO E PREFERENCIA CARA O SERVIZO:
Xa que o Servizo de “Mañás de lecer” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:

1. Nenos e nenas dependentes da Concellaría de Servizos Sociais (con informe emitido dende dita concellaría)

2. Nenos e nenas empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando ( ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).

3. Nenas e nenos empadroados no Concello de Ares cun dos proxenitores traballando.

4. Nenos e nenasempadroados no Concello de Ares .

5. Nenas e nenosnon empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando (ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).

6. Nenas e nenosnon empadroados no Concello de Ares con un proxenitor traballando.

7. Nenas e nenos non empadroados.
HORARIO
O horario da ludoteca é o seguinte:
Xullo, agosto e 1º quincena de setembro: de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres, agás festivos.


INSTALACIÓNS
Esta actividade lévase a cabo:
• Na aula sita na Rúa Avenida Federico García Expósito.
• Aula das Escolas do Lago sita entre a Rúa María e a Rúa Real
• Aula de Cultura sita na Avda Zamborela
Aproveitaremos que as instalacións fican preto do parque infantil para levar a cabo algúns xogos (cando o tempo o permita) nel, ademais do campiño que está ao seu carón, e así tamén, a praia.

Contamos tamén en ocasiónsco Edificio da Alianza Aresana, que alberga a Biblioteca Municipal.

PRAZO DE SOLICITUDE :
O prazo para presentar a solicitude comezará o martes 2 de maio de 2017 e rematará o luns 22 de maio (incluido).

ACTIVIDADES:
Lévase a cabo un amplo programa de actividades lúdico educativas:

- Xogos simbólicos
Os xogos simbólicos son os xogos da imaxinación por excelencia.

Con estes xogos os nenos desenrolan a súa capacidade de comunicación e expresión, adquiren confianza e seguridade, descobren as súas posibilidades motrices, sensitivas e expresivas e permite ós/ás nenos/as pasar do egocentrismo a actitudes máis abertas, estimulando a súa imaxinación e colmando as súas fantasías.

- Xogos de ensamblaxe:
Contribúen a superar as dificultades motrices e de orientación. O feito de construír-destruír, facer-desfacer, tirar-recoller, permítelle experimentar cambios, realizar combinacións e asociacións, desenrolando a súa imaxinación.

- Xogos cooperativos
O que predomina nos xogos cooperativos é a colaboración entre participantes. Estes xogos crean un clima distendido e favorable á cooperación do grupo, onde a fin non é ganar senón divertirse e conseguir obxectivos comúns.

- Actividades de exterior
Facilitan as súas posibilidades de acción e exploración. Axuda a coñecer máis e mellor o seu corpo, que teñan consciencia do espazo e que estean atentos/as, potenciando a capacidade de razoamento. Lévanse a cabo sobre todo xogos tradicionais: comba, pilla-pilla, pañol, o gato e o rato, etc.).

Tanto no exterior como no interior da aula, levamos a cabo circuítos para favorecer a psicomotricidade.

- Manualidades
As actividades de expresión plástica, como debuxos, pintura, modelado, traballos de manipulación e reciclaxe, contribúen amplamente á mellora de habilidades motrices, de coordinación óculo-manual, así como, as habilidades mentais, proporcionando un alto grado de satisfacción. As actividades realízanse tamén tendo en conta a época do ano (postais navideñas, ovos de Pascua, murais decorativos outono-inverno, etc.)

- Actividade de Aps
Levaremos a cabo unha actividade de Aprendizaxe-Servizo durante a duración do servizo.

Esta actividade combinará nunha o aprendizaxe de contidos, competencias e valores coa realización de tarefas de servizo á comunidade. O aprendizaxe- servizo parte da idea que a axuda mutua é un mecanismo de progreso persoal, económico e social, millor que a persecución obsesiva do proveito individual.

A idea desta actividade partirá dos intereses e inquietudes dos usuarios do servizo.

Elaboración de xoguetes con material de refugallo

Có fin de aproveitar os materiais que a diario tiramos, elaboramos entre todos cós botes de maionesa grandes, as diferentes papeleras para os distintos residuos, ademais de aproveitar distintos envases e materiais para elaborar diferentes aparellos: bolos, marionetas, etc.

- Animación á lectura e xogos de mesa
Coas actividades de animación á lectura pretendemos achegar ós/ás nenos/as ó mundo dos libros e contos potenciando a súa imaxinación e creatividade, ademais de fomentar a participación dos/as nenos/as na lectura a través do xogo, empregando para elo os xogos de mesa. Realízanse actividades de lecto-escritura, lectura de poesía unha vez ó mes, debuxo de viñetas coa posterior invención do conto, psicomotricidade fina, discriminación de cores e tempo,Contacontos que favorecen actitudes e valores positivos (por exemplo : Contos ao revés :”Ceniciento”, “La peluca de Rampunzel”, “El patito bello”...) etc.

Ademais, todos os meses realizan unha ou varias visitas á biblioteca municipal para que os nenos empreguen o servizo de empréstito de libros.

- Filosofia para Nen@s, aprender a pensar xogando:
É unha proposta educativa que brinda aos nen@s os instrumentos adecuados no intre no que comezan a interrogarse sobre o mundo e a súa inserción nel. É un programa progresivo especialmente deseñado para nenos de 3 anos en diante, co que os nenos/as aprenden a pensar creativamente e a actuar de forma ética a través da arte, os contos e lendas e a realidade que os rodea .

- Teatro e títeres
Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Ares, durante todo o ano lévanse a cabo actuacións de maxia, teatro e títeres, ás que asisten os/as nenos/as da ludoteca, realizando dita actividade no local de usos múltiples da Alianza Aresana.

- Obradoiro de cociña
Unha vez cada quince días, lévase a cabo a ‘cociña sen lume’ na que os rapaces elaboran diferentes pratos e postres sen ningún perigo (macedonia, xelados, sándwich,batidos etc.). Potenciamos o gusto pola cociña, a discriminación de sabores e unha alimentación saudable.

- Expresión musical
Con esta actividade, pretendemos compartir vivencias musicais cós/coas compañeiros/as do grupo, que lles permita enriquecer a súa relación afectiva coa música a través do canto, do movemento e da audición activa.

Ademais, os/as nenos/as aprenden a interpretar diferentes ritmos, melodías e cancións, así como a relacionar o silencio, o ruido e o son (coas súas cualidades: altura, timbre, intensidade e duración) coas súas posibilidades expresivas e corporais.

- Inculcar e potenciar boas actitudes, valores e normas de convivencia
Como xa explicamos anteriormente, nas aulas existen unhas normas de comportamento, conduta, convivencia, horarios e coidado da aula, que se leva a cabo mediante o sistema de recompensa por puntos. Todo elo supervisado polas responsables da aula mediante a avaliación continua mediante a observación

ACTIVIDADES PUNTUAIS: dependen das circunstancias (actividades culturais municipais, os aniversarios dos cativos, realización dos talleres específicos de cada época, etc):

 ANIVERSARIOS: facemos festa para homenaxear o/a cativ@ que cumpre anos ese día determinado (merenda, poñémoslle unha coroa,facemos unha piñata, música, xogos..)


 OBRADOIROS:
1. COCIÑA: realización de comidas variadas sen risco ningún, xa que trátase dunha cociña sen lume.
Os cativos elaborarán distintos alimentos, descubrindo o gusto pola cociña, as novas texturas, as cores ,os sabores e discriminarán todo tipo de asociación machista entre a muller e a cociña:¡ aquí cociñamos tod@s!

2. EDUCACION VIAL: elaboración dunha cidade en papel para murais donde aparecerán as distintas señalizacións viais. Posteriormente xogarase cos coches imitando á realidade.

3. MUSICAIS: elaboración de distintos instrumentos con materiais de refugallo. Dramatización e aprendizaxe de novas cancións e bailes.

4. ANIMACIÓN Á LECTURA: elaboración dun conto propio para a aula (Binomio fantástico de Rodari): a monitora expón dúas palabras que non teñan nada que ver entre se aparentemente (anano, tixola, por exemplo),estas deberán aparecer ó longo do conto.Cada neno inventará un trociño da historia, ata elaborar un conto.A monitora comeza e remata o conto, e servirá de guía para non perde-lo fío da historia, xa que non tódolos nenos posúen o mesmo grao de imaxinación.

Posteriormente os pequenos deberán realizar un debuxo cada un de unha das esceas.

A mestra escribirá o conto neses debuxos ,obtendo así o noso libro de contos.

ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS QUE PARTICIPAMOS:
Concurso de Castelos na area.

AVALIACIÓN
A avaliación como xa dixemos, é continua durante todo o período vacacional cós/coas nenos/as, baseado na observación e recompensa mediante un sistema de puntos.

Así mesmo, no mes de setembro reunímonos todo o equipo para facer unha avaliación total (Incluído unha autoavaliación a través dun diario de campo) e propor cambios e melloras para a seguinte tempada.

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares