Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 26 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEÓN DE MAQUINARIA PARA O DEPARTAMENTO DE OBRAS E SERVIZOS DO CONCELLO
28 Abril 2017

1.- Obxecto da convocatoria:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dun Peón de maquinaria para o departamento de obras e servizos. Dito posto se corresponde coa RPT aprobada na sesión plenaria do día 30-01-2017 e publicada no BOP núm. 62 de 31 de marzo de 2017).

A urxente necesidade da contratación deriva da extinción do contrato do traballador que ocupaba tamén de xeito temporal o posto de traballo que se pretende cubrir con este proceso de selección. Existen necesidades urxentes e inaplazables, que fai necesaria a contratación de persoal para atender ás múltiples tarefas do departamento que requiren o uso da maquinaria específica propiedade do concello (pala, soldadura, mecánica, etc.), xa que o seu uso non pode estar desatendido tendo en conta as múltiples labores que se desenvolven con ela e segundo a memoria xustificativa da obra ou servicio.

2.- Período e modalidade de contratación:
Contratación laboral temporal, polo prazo de dous anos, na modalidade de obra e servicio.-

3.- Requisitos xenéricos dos aspirantes:
a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.
e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.
d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
t) Titulación: Estudios primarios/certificado de escolaridade.
g) Carné de conducir B1.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

4.- Sistema de provisión: Concurso-Oposición. Criterios a valorar no proceso selectivo:

4.1- Fase de concurso:

A fase de concurso non será eliminatoria. As puntuacións obtidas en ámbalas fases sumaranse para a determinación dos aspirantes elixidos. As puntuacións de referencia refirense a servizos a tempo completo. Nos servizos a tempo parcial a puntuación será proporcional á xomada especificada.

• Servizos prestados en postos da mesma natureza no Concello de Ares: 0,03 ptos. por mes de servizo, ata un máximo de 2 puntos.
Servizos prestados en postos da mcsma naturcza noutras administracións: 0,03 ptos por
mes de servizo, cun máximo de 2 puntos.
• Carnet de conducir C: 0,5 puntos.
Carnet de conducir Cl : 0,5 puntos.

4.2.- Fase de oposición:

1) Proba práctica, eliminatoria, sobre tarefas propias do posto de traballo. Outra proba terá como obxecto a demostración polo aspirante das habilidades propias do perfil ao que se opta. Consistirá no desenvolvemento, durante o tempo previamente determinado pola Comisión cualificadora de tarefas relacionadas co programa que se reflicte. Valoraráse o nivel de precisión na execución e o tempo empregado no desenvolvemento. A puntuación máxima da fase de oposición será de dez puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de cinco puntos. A data, hora e o lugar de celebración da proba serán anunciados oportunamente na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios da Casa consistorial, non sendo convocados expresamente os aspirantes para a celebración da mesma.

PROGRAMA DESTA PROBA:
1.- Disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.-
2.-Labores auxiliares de sinalización e balizamento das ocupacións da vía pública para á realización de obras e traballos. Características das sinalizacións
3.- Sinalizacións e balizamentos mínimos.
4 .-Pequenas reparacións da maquinaria utilizada.
6.- Labores auxiliares do desbroce e limpeza de fincas.
7.- Maquinaria e equipos agrícolas.
8.- Traballos á intemperie
9.- Desbroce: métodos manuais e mecánicos
10.- Manexo do brazo desbrozador

2) Proba de coñecementos da lingua galega, consistente nunha traducción directa ou inversa. Duración da mesma: 1O minutos. A cualificación da proba será de apto ou on apto, sendo eliminados os aspirantes que non acaden a cualificación de apto. Estarán exentos da súa realización os aspirantes que aporten o titulo de galego Cclga 3 ou equivalente.

5.- Retribución: A establecida para a praza nos orzamentos municipais.-

6.- Presentación de solicitudes:
Modelo xeral que se atopará na páxina web e no rexistro do concello. Na solicitude debe alegarse que se cumplen todos e cada un dos requisitos da base terceira. Achegaráse á mesma unha fotocopia do DNI, así como a documentación relativa ao apartado 6.2.
6.1.- Prazo: As instancias solicitando tomar parte na convocatoria presentaránse no prazo de cinco días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio da convocatoria nun xornal de probada difusión.
6.2.- Documentación xustificativa dos méritos:
Debe achegarse a documentación dentro do prazo de presentación de instancias. Non se requerirá posteriormente nin se valorarán servizos non acreditados no dito prazo. Non se terá
en conta ningún mérito diferente aos establecidos na convocatoria, polo que a documentación explicativa da vida laboral, únicamente versará sobre os perfis que se solicitan. A vida laboral, por sí mesma, non acredita a natureza dos servizos, polo que a Comisión Cualificadora non procederá á súa valoración se non se acompaña a seguinte documentación explicativa.

A dita documentación poderá consistir en:

-Vida laboral recente ( cunha antiguedade non superior aos 3 meses ) xunto con documentación na que se exprese a natureza dos servizos prestados (contrato de traballo, nóminas, certificado de empresa, etc) que se refrexan nesta.
- Contrato de traballo xunto con certificación da empresa /administración na que se especifique o prazo e a categoría laboral dos servizos.
- No caso de servizos prestados na Administración bastará certificado emitido polo servizo competente, que expresará a natureza e duración dos servizos.

7.- Comisión cualiticadora: Estará formada na forma que específicamente se determine na respectiva resolución da alcaldía.



8.- Lista de espera : O aspirante que acade a maior puntuación será proposto para a contratación pola Comisión Selecccionadora
Elaborarase unha lista de espera, por orde decrecente de puntuación, cos/as aspirantes que, tendo superado o proceso, a Comisión determine en función da puntuación obtida. Esta lista será tida en conta caso de que o aspirante proposto non chegue a asinar contrato ou cause baixa no transcurso do mesmo.

9.- Presentación da documentación.- Unha vez notificado, o aspirante seleccionado deberá presenta-la documentación acreditativa do cumprimento das condicións esixidas na Base Terceira, no prazo de tres días. Cumprido-los anteriores requisitos, pota Alcaldía procederase á formalización do correspondente contrato laboral de duración determinada


BASES en pdf
INSTANCIA en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares