Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 28 de Maio de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DENDE O MAR

ALFOMBRAS FLORAIS ARES 2017

COMPRA NO TEU MERCADO EN ARES

ANDAR DE BARES 2017 RUTA DOS PINCHOS

IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: AS MULLERES SAEN A RÚA

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN XEFE DE BRIGADA, UN PEÓN CONDUCTOR E TRES PEÓNS PARA A APLICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO MEDIO RURAL
08 Maio 2017

ANEXO

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN XEFE DE BRIGADA, UN PEÓN CONDUCTOR E TRES PEÓNS PARA A APLICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARES PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA COFINANCIADA CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.

Primeiro.- Obxeto.
Ó abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ares para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, as presentes bases teñen por obxeto a contratación dun xefe de brigada, un peón conductor e tres peóns.

Segundo.- A selección terá lugar entre os candidatos que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca.

Terceiro.- Requisitos dos aspirantes.- Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ser de nacionalidade española.
Non obstante o anterior, poderán concorrer tamén os nacionais dos demáis Estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade conforme ó disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demáis Estados membros da Unión Europea, e demáis normativa de desenvolvemento.

Previa acreditación da súa nacionalidade, os nacionais daqueles Estados ós que en virtude de Tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, tamén poderán concorrer.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de sesenta anos.
c) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida que sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspodentes á praza á que se opta. Son excluintes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, os trastornos psicolóxicos, as incapacidades do aparato locomotor, as enfermidades infecciosas e a obesidade, a cegueira e a sordeira. Nas mulleres tamén será excluinte o embarazo.
d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio á Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.
f) Ser demandante de emprego.
g) Posee-la titulación requeridas para cada unha das prazas como a continuación se detalla:
1. Xefe de brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Ademáis terá o carné de conducir B.
2. Peón conductor co carné B e certificado de escolaridade ou equivalente.
3. Peóns: certificado de escolaridade ou equivalente.

Os anteriores requisitos, asi como os especificos que se esixan, se é o caso, para cada unha das prazas, deberánse reunir con referencia ó ultimo día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar dos mesmos ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estén incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, polo menos ata a data de formalización do contrato.

Coarto.- Na selección teráse en conta as especiais características das tarefas a desenvolver en función do programa previsto no convenio suscrito de cooperación.

A teor do previsto no convenio de Colaboración, os criterios para dita selección serán os seguintes:
A) Experiencia previa en extinción de incendios.
B) Posesión de carnet de conducir clase B ou superior.
C) Cursos acreditados en materia de incendios.
Quinto.- A comisión seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía.

Sexto.- Presentación de solicitudes.- Os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca. Os aspirantes no día e hora sinalados pola Alcaldía, presentaránse diante a Comisión Seleccionadora para manter unha entrevista persoal, na que se avaliará a súa adecuación ó posto, en función dos criterios fixados no anterior punto terceiro, asemade como para realiza-lo exámen médico e as probas de aptitude física.
As probas físicas consistirán na comprobación de:
a) Capacidade aerobica.
b) Aptitude muscular.
c) Realización da proba do banco, consistente no emprego dun banco de 40 cm. de altura para homes e 33 para mulleres, no que deberáse subir e baixar a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces minuto) durante un periodo de cinco minutos, marcandose o ritmo cun metrónomo.

Cando o número de aspirantes que superen o exame médico e a proba de aptitude física sexa superior ó de prazas a seleccionar, realizaranse as probas previstas no Anexo II “Condicións técnicas para a contratación do persoal das brigadas de prevención e defensa ”.

Sétimo.- De entre os presentados a Comisión seleccionadora a un xefe de brigada, un peón conductor e tres peóns, debendo os mesmos superar o correspondente curso de formación e recepción da conseguinte certificación de aptitude.

Oitavo.- SUBSTITUCIÓNS E RENUNCIAS. No caso de renuncias á formalización do contrato ou sobrevidas con posterioridade a dita formalización, así como para supostos acreditadas e xustificadas para o normal funcionamento do servicio, en caso de substitucións, procederase a designar os aspirantes pola orde de puntuación obtida na selección sen necesidade de nova selección, o novo contrato extenderase polo prazo que quede para remata-lo prazo dun ano desde a contratación inicial.

Noveno.- REXIME XURIDICO APLICABLE. En todo o non previsto expresamente nas presentes bases, será de aplicación o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e supletoriamente a Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función
pública, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado, e o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de administración local, a Lei 30/1992, de 26 de xuño, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


BASES en pdf
INSTANCIA en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares