Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 26 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
I FEIRA “DENDE ARES CARA O MUNDO”
15 Maio 2017

Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara o mundo” .

A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.

O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara o mundo”.

Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido

O produto final será esta Feira que terá os seguintes STANDS e PAÍSES:

• ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA
• ANTÁRTIDA–ESO
• AUSTRALIA– 1ºEP
• BRASIL– 4ºEP
• CHINA-3ºEP
• ISRAEL-RELIXIÓN
• XAPÓN-2º EPB
• MARROCOS– 5º E 6º EP
• PORTUGAL– 4ºEI
• REINO UNIDO 6º EI E 6º EP
• UCRAÍNA– 5º EI
• MÚSICAS DO MUNDO-ESO
• LÓVA/MAIL ART– 2ºEP- A
• BIBLIOTECA/ROBÓTICA

sta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.

Tamén contará cos traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final á a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe e de MailArt.

Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri

• Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.

• Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

DATA E HORARIOS
A feira terá lugar o luns 15 de maio no pavillón. O horario será:
Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)
Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:

Inauguración oficial da Feira coas autoridades………….....….11:45h
Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
Actuación do alumnado de 6º de Primaria.........................11:30/ 13:30/17:30h
Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria... 12:15h/14:00/18:00h

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL, AO CONCELLEIRO DE TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO


INFORMACIÓN en pdf

I Feira
I Feira  Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares