Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 23 de Agosto de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
VIII MERCADO DE SEGUNDA MAN E ARTESANÍA
09 xullo 2017

O vindeiro domingo 9 de xullo de 2017 (entre as 9:00 e as 21:00 h) levaremos a cabo o VIII Mercado de Segunda Man e Artesanía – Concello de Ares, destinado á venda de artigos de esta categorías.

Na feira pódese, intercambiar, mercar ou vender: xoguetes, libros, películas, material de coleccionismo, roupa, calzado, bisutería de segunda man e outros artigos de artesanía que se consideren de interese.

E un mercado artesanal e de segunda man
non se permitirá a venda de ningún tipo de alimento ou comida
a recadación pola reserva e uso dos espazos habilitados a cáritas parroquial – ares

1.- Quen pode poñer un posto?
• Particulares en xeral
• Asociacions e sociedades (reservaránse pola organización 10 postos)
• Profesionais (máximo 20 postos)

2.- Que necesito?
Cada adxudicatario debe levar todo o necesario para montar o seu posto, e será responsable deste.

En todo caso asume deixar o espazo cedido no mesmo estado de limpeza no que o atopou.

3.- Onde e ata cando podo solicitar o posto?
As inscricións levaránse a cabo os seguintes días na Bibilioteca Municipal (Alianzas Aresanas - Rúa María 11):
Do 8 ao 12 de xuño: solicitantes empadroados no concello de ares.
Do 19 ao 22 de xuño: solicitantes non empadroados no concello de ares.

A adxudicación, tras comprobar que se cumplen todos os requisitos, efectuaráse por rigurosa orde de inscrición ata rematar os postos.

As solicitudes faranse persoalmente, en ningún caso se poderán facer por vía telemática ou telefónica.

Os postos serán numerados correlativamente dacordo coa orde de presentación das solicitudes, de tal xeito que non se poderá elixir a sua situación.

4.- Cantos postos podemos solicitar?
Poderase solicitar un posto por persoa. Cada participante dispón dunha superficie de exposición de 3 metros lineais, no caso de asociacións e sociedades, se xustifican a necesidade de máis de 3 m lineais para expoñer os seus produtos, poderán obter autorización para dous postos. A solicitude deberá presentala a persoa responsable do posto ou autorizado.

5.- Cómo facer para solicitar o posto?
• Cubrir a solicitude de reserva de posto que poderá obter na biblioteca
• Facer o pagamento no banco (o número de conta será facilitado no momento de recoller a inscrición)
• Entregar a solicitude xunto coa xustificación do pagamento na biblioteca municipal. ese será o momento efectivo da inscrición.
Non se aceptará a entrega de ningunha solicitude que non veña completa (datos, sinatura e xustificación de pagamento)
• No caso de non poder asistir o día do mercado, en ningún caso se devolverá o importe, ao tratarse dun donativo en conta directo a cáritas parroquial.

6.- Onde se vai situar o mercado?
Ao longo de todo o paseo marítimo
(dende a cafetería “O Gaiteiro” ata a Ponte da Ciscada).

7.- Custo de cada posto?
5€, agás asociacións sen ánimo de lucro e ong.
O abono deste importe ingresaráse polo solicitante directamente na conta de Cáritas Parroquial – Ares.
O número total de postos é de 130.

Normas de organización:

• O día do mercado (9 de xullo) os postos terán que quedar montados con suficiente antelación pola mañá cedo, de tal xeito que ás nove da mañá o paseo ten que quedar libre de vehículos.

• Se as 11:00 h da mañá o titular non tivera montado o posto, a organización poderá facer uso do mesmo.

• Se algún dos usuarios que teñen posto axudicado, non tivera previsto asistir, deberá comunicarllo á organización como máximo antes do venres 7 de xullo ás 13:30. en caso contrario, perderá o dereito a participar no mercado ao ano seguinte.

• Sermitiráse o paso de vehículos o tempo suficiente para baixar a mercancía . despois haberá que retiralos a un lugar axeitado.

• Chegado o venres 7 de xullo, de existiren prazas vacantes nalgunha das modalidades da base 1, poderán ser cubertas polas solicitudes que figuren na listaxe de agarda das outras dúas.

• A organización resèrvase o dereito a interpretar as presentes bases no caso de dúbida ou conflito.

• Os solicitantes, coa presentación da súa solicitude, aceptan as presentes bases e obríganse a cumplilas.

Información e inscricións:
Biblioteca municipal (Rúa María 11)
Teléfono: 981448057 / 690021106


BASES e pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares