Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 25 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ANUNCIO DE APROBACIÓN DE BASES PARA A PROVISIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL, POLO PROCEDEMENTO DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE, DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVICIOS URBANÍSTICOS
27 xuño 2017

Por acordo da Xunta Local de Goberno de 16/06/2017. resolveuse o seguinte:
Anuncio de aprobación de bases para a provisión, en réxime laboral temporal, polo procedemento de concurso-oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de servicios urbanísticos do Concello de Ares ( A Coruña)

Dado que durante o ano 2016 a Lei 48/2015, de 28 de outubro de Orzamentos X.erais do Estado para o ano 2016 (prorrogados actualmente) non se podía proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoalestatutario temporalou de funcionarios interinos, no presente suposto hai causas excepcionais, urxentes e inaplazables que afecta a un servizo-función considerada prioritaria e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais,sendo necesario atender o de auxilio e colaboración á convocatoria de órganos colexiados, expedientes de licenzas de todo tipo, comunicacións previas ou tramitar entre outros os expedientes de reposición da legalidade urbanística e restauración da orde xurídica infringida e infracción, baixo a dirección e supervisión dos Técnicos Municipais, figurando a praza consignada no orzamento 2017 e mantida no Plan de Axuste elaborado ao abeiro do R.D-L
4/2012, aprobado polo MHAP, así como prevista a súa estructuralidade na Relación de Postos de Traballo {RPT) aprobada con carácter definitivo (BOP núm. 62 de 31de marzo de 2017).

Na súa virtude,veño en DISPOÑER:

PRIMEIRA.- Aprobar as seguintes bases para a selección dun auxiliar administrativo,en réxime de contratación laboral temporal:

OBXECTO.- É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal dun/a auxiliar administrativo a tempo completo, baixo a modalidade contractualde obra o servizo para ordear o arquivo do servizo de urbanismo, rematar o expediente de tramitación do P.X.O.M. e a súa recopilación baixo a directa supervisión do equipo redactor e da respectiva concelleria, así como auxiliar aos Servizos Técnicos Municipais nas respectivas tareas na función de trámite e colaboración ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Leido Estatuto dos Traballadores,aprobado por RealDecreto Lexislativo 1/1995,de 24 de marzo,polo prazo máximo de dous anos.

SEGUNDA.- Modalidade: A contratación é por obra ou servizo determinado.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.­ Concurso-Oposición libre

CUARTA.- DURACION DO CONTRATO.-

A duración do contrato será de trinta e seis meses (36} contados a partir da sinatura do mesmo.

Correspóndelle a función propias de auxiliar administrativo.

QUINTA.- RETRIBUCIONS.-
A retribución será as dotadas orzamentariamente.

SEXTA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-
Para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea nos termos do artigo 57 da Lei 7/2007,de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos 16 años e non exceder daquela para a xubilación forzosa por idade determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

e) Estar en posesión da Educación Secundaria obrigatoria ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias,ou outros superiores.

f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.

g) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado,ás Comunidades Autónomas, ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

h) Carta acreditativa de ter ingresado na tesourería municipal do Concello de Ares a cantidade de 10 ,00€ en concepto de exame.

Os candidatos deberán reuní-los requisitos expresados no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.

Os aspirantes que superen as probas,están abrigados a prestala súa xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interés do servicio,con horario de mañá,tarde ou noite,fraccionando a xornada se fose preciso.

SETIMA.- PRESENTACION DE INSTANCIAS.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr.Alcalde,en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de cinco días hábiles a partires da publicación do anuncio da convocatoria nun Xornaldos de maior tirada da comarca.

Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos no apartado SEXTA destas Bases,acompañando inescusablemente os seguintes documentos:

*Xustificante acreditativo de haber ingresado na Tesourería Municipala cantidade de 10 euros en concepto de dereitos de exame. Dito importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postalou telegráfico, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo.
*Méritos que o aspirante aporte para ser valorados na fase de concurso.
*Fotocopia do D.N.l.

OITAVA.- ADMISION DE ASPIRANTES.
Expirado o prazo de presentación de instancias,publicarase a lista de aspirantes admitidos e excluídos(neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios exclusivamente.

Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición do Tribunal cualificador, así como lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio.

NOVENA.- O Tribunal cualificador, designado polo Alcalde, estará integrado polos membros que a tal efecto se designen na correspondente resolución

O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes,indistintamente). En todo caso,será precisa a asistencia do Presidente e do Secretario.

O Tribunalpoderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, quen se limitarán ó exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

O Tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.

As indemnizacións por asistencia como membros do Tribunalfaranse efectivas dacordo co disposto no artigo 33.2 del RealDecreto 462/2002, de24 de maio,sobre indemnizacións por razón de servicio.

DÉCIMA.- SELECCIÓN DOS ASPIRANTES.
Realizarase mediante o sistema de concurso-oposición libre que se desenvolverá como segue:

FASE DE CONCURSO.

Puntuarase da seguinte maneira:

Por servicios prestados na Administración Local como Auxiliar Administrativo 0,05 puntos por cada período traballado dun mes, ata un máximo de S puntos.Ditos servizos deberán gardar relazón co urbanismo e esencialmente tramitación urbanística.

A acreditación dos servicios prestados, efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se teñan prestados os servicios e certificación de vida laboral.

FASE DE OPOSICIÓN.
Consistirá na realización dun exercizo de carácter obrigatorio e eliminatorio excepto a proba de galego que terá carácter non eliminatorio.

Para superar a primeira proba será necesario acadar alomenos 5 puntos,puntuando un máximo de dez puntos.

PRIMEIRA PROBA.- Examen tipo test que gardará relación co temario que figura como anexo e consistirá en respostar a un cuestionario de 30 preguntas con respostas alternativas. Esta proba terá unha duración máxima de 60 minutos.

Superada esta proba levaráse a cabo unha proba obrigatoria e non eliminatoria sobre galego, consistente en traducir un texto extraído dun xornal do día do castelán ao galego, senda calificado cun máximo de tres puntos.A posesión do Celga-4 exime de facer dita proba.

ÚNDECIMA.- PROPOSTA DE APROBADOS/AS.
Concluída a cualificación do proceso selectivo, o Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. O Tribunal elevará a correspondente proposta de contratación a favor do/a aspirante que obtivera a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas).

O aspirante proposto presentaran no Rexistro Xeral no prazo de S días hábiles seguintes á publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte nas probas esíxense na base sexta.A saber:

Copia autenticada ou fotocopia (que debe presentarse acompañada do seu orixinal para compulsar) do título de educación secundaria obrigatoria, de E.X.B. ou equivalente, ou xustificante de ter cumprido tódolos requisitos para súa expedición.

Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio das súas funcións.

Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, Comunidades Autónomas ou da Administración Local,sen atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

DUODÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
Unha vez presentada a documentación á que se retire o apartado anterior,o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor do/a aspirante proposto/a polo Tribunal Cualificador, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorpore ao posto de traballo,a/o aspirante non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMA TERCEIRA.- NORMAS FINAIS.
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan,será de aplicación supletorio o establecido na Lei 7/1985,de 2 de abril reguladora das bases de réxime local,na Lei5/1997, de 22 de xullo de administración localde Galicia,RealDecreto Lexislativo 781/1986,de 18 de abril,RealDecreto 896/1991,Real Decreto 364/1995, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia e demáis normativa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal,poderán ser impugnados polas/os interesadas/os nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

En Ares a xuño de 2017

O ALCALDE,


ANEXO

1.- Constitución española de 1978.Principios xerais.Estructura.

2.- As Cortes Xerais.O Goberno.A Corona.

3.- O Poder Xudicial.O TribunalConstitucional.

4.- A Lei 7/1985,de 2 de abril,reguladora das Bases do Réxime Local e a súa modificación pola Lei27/2013,do 27 de decembro de racionalización e sostibilidade da administración local.

5.- Normativa autonómica de desenrolo da Lei 27/2013, do 27 de decembro de racionalización e sostibilidade da administración local.

6.- Normativa de desenrolo das Entidades Locais.

7.- O Réxime Local español: O municipio. Organización e competencias.
8.- O Procedemento administrativo local.

9.- Normativa básica de función pública.A función pública local.

10.- Actos de edificación e uso do solo : A licencia urbanística. Procedemento de outorgamento. Prazos. Vixencia e caducidade. Obras maiores.Obras menores.

11.- Protección da legalidade urbanística. Réxime sancionador. A Axencia da Protección da legalidade urbanística.

12.- A Lei2/2015,de 29 de abril de emprego público de Galicia.

13.- A Lei2/2016,de 10 de febreiro do Solo de Galicia.

14.- O Decreto 143/2016, de 22 de septiembre, polo que se aproba o Regulamento da Lei2/2016,de 10 de febreiro,do Solo de Galicia.

15.- A Lei39/2015, de 1de outubro, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas.

16.- A Lei 40/2015, de 1de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

17.- 12.- Os tributos locais.Clases.

18.- As Ordenanzas fiscais.Taxas e prezos públicos.

19.- O orzamento municipal. Elaboración, tramitación, contido. Execución,modificacións orzamentarias,liquidación e rendición de cantas.


ACTA en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares