Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 25 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN, POLO SISTEMA DE CONCURSO DE NOVE SOCORRISTAS A XORNADA COMPLETA
04 xullo 2017

RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 300/17 DO 3 DE XUÑO DE 2017

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA) CO CIF P1500400E

Vista a notificación electrónica da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria pota que se autoriza a contratación por un período máximo de 2 meses de nove traballadores para a realización da obra ou servizo denominado, Programa de atención as Praias-Vixiancia. Visto o expediente tramitado para a convocatoria e aprobación de bases de persoal para proceder a súa selección.

Vista a necesidade urxente e inaplazable para o período estival de realización de traballos relacionados cos servizos de socorrismo nas praias do noso municipio, estando subvencionados o 100% pola X unta de Galicia Consellería de Economía, Emprego e Industria os custes salaríais de contratación de persoal laboral temporal socorrista a xomada completa con contrato de duración determinada servizo de interese social garantindo deste xeito a prestación do servizo municipal e a seguridade dos/as usuarios/as.

En uso das facultades outorgadas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril de bases do réxime local en materia de persoal polo presente

RESOVO:

PRIMEIRO .- Proceder á convocatoria e aprobación das bases para a selección de persoal laboral temporal de nove socorristas a xornada completa para servizo Programa de atención as Praias-Vixiancia cós condicionamentos sinalados no outorgamento de subvención pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que subvenciona o 100% os custes deste persoal, aprobando as bases que a continuación se reproducen:

"BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS SUBVENCIONADOS POLA XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA , POLO SISTEMA DE CONCURSO DE NOVE SOCORRISTAS A XORNADA COMPLETA"

Primeira.- Obxecto da Convocatoria

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal de nove socorristas mediante concurso por ser o procedemento máis axeitado e tendo en conta o establecido no artigo 14 de requisitos e criterios para a selección dos traballadores e das traballadores da Orde do 2 de maio de 2017 poi a que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais.

Estas contratacións serán a xornada completa (37,5 horas semanais) por modalidade contractual de contrato de servizo e obra de duración determinada de interese social.

Os contratos de duración determinada de interese social, rexeranse polo establecido no contrato sendo as retribucións mensuais de 1 1 12,00 € ao mes estando a paga extra xa prorrateada.

Segunda.- Requisitos dos/as aspirantes

a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados intemacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados intemacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

b) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais das prazas á que aspiran, sen que se padezan enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións dos postos.A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración
Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.

d) Acreditación da inscrición definitiva ou provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia e deberá presentar acreditación da cualificación profesional de socorrismo en espazos naturais e as titulacións que cumpran cos requisitos de inscrición no rexistro, retlectidos na disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo. No se u defecto, acreditación da presentación de solicitude de dita inscrición e documentación complementaria no organismo correspondente da Xunta de Galicia.

e) Ter 16 anos e non exceder de 65 anos

Serán requisitos específicos en aplicación do disposto no artigo 56.3 do texto refundido do estatuto básico da leí do empregado público Real decreto lexislativo 5/2015 os seguintes:

A) Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego. Este requisito deberá cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de interese social.

B) Non ter sido contratado por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 poi a Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

C) Os desempregados deberán reunir os requisitos e características para o adecuado desempeño das funcións aos que faga referencia a oferta presentada na Oficina de Emprego de Ferro!.

D) Requisito específico de posuír a formación indicada no artigo 6 do Decreto 104/2012, do 16 de marzo modificado polo decreto 35/2017 de 30 de marzo polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia.

Deberá indicar que titulación é usada como requisito da convocatoria e cal é usada na fase de concurso, sen prexuízo do disposto na disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia tendo en conta a modificación introducida polo decreto 35/2017 de 30 de marzo na súa disposición transitoria única sobre prórroga do prazo de inscrición provisional.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN Terceira.- Presentación de solicitudes e proceso de selección: Concurso

O Concello de Ares dará publicidade á convocatoria e as bases de selección por anuncios no taboleiro de edictos do Concello na páxina web, presentará unha oferta de emprego ante a Oficina de Emprego de Ferro! facendo referencia aos requisitos que debe reunir o/a traballador/a a contratar conforme da anterior base segunda.

O Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes, tendo en canta que non poden repetir aqueles que se contratasen por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

Aportará alomenos 1O candidatos e non mais de 50 remitindo novas candidatos se o Concello xustifica o incumprimentos dos requisitos da oferta ou o rexeitamento voluntario ou incomparecencia dos remitidos, tendo en canta que terán preferencia en todo caso os colectivos sinalados no artigo 14 da Orde do 2 de maio de 2017 tales como:

A) Mulleres e, en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia. B) Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquetas sen cualificación profesional.

C) Persoas paradas de langa duración. D) Persoas con discapacidade.

E) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito. F) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

G) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia. Así mesmo, terase en canta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ola cónxuxe ou parella de feíto, tillos e tillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.

A admisión de candidatos coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego que presentarán instancias no rexistro xeral do Concello de Ares para a participación neste proceso selectivo; solicitude de instancia de participación cuxo modelo se adxunta no Anexo 11 dirixida á Sr. Alcalde no Rexistro Xeral do Concelo de Ares.

A instancia acompañarase de:

- Fotocopia do DNI .

- Copia do título ou declaración ou certificado de estar en condición de obtelo título esixido nas bases para a praza antes da sinatura do correspondente contrato.

- Toda a documentación orixinal ou compulsada acreditativa do cumprimento dos requisitos de participación contados na cláusula segunda destas bases..

- A relación dos méritos que aleguen, nomeados segundo a arde establecida no apartado de méritos.

A dita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos mesmos:

- Cursos de formación relacionados coas funcións do posto de traballo mediante fotocopia sen ser precisa a copia cotexada do correspondente título ou diploma que sexan distintos aos utilizados como requisito de participación. Presumirase documentación auténtica, e únicamente será requerida a presentación da documentación orixinal aos aspirantes que finalmente sexan seleccionados. No caso de detectarse falsidade documental, será motivo de exclusión do proceso.

Non serán valorados aqueJes méritos que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación de instancias.

A Comisión seleccionadora non avaliará os méritos que non se aporten ou acrediten desta maneira.

A documentación presentada deberá ir acompañada pola solicitude que aos interesados se lles facilitará no rexistro do Concello.

Serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web as listas de admitidos e excluídos coa motivación da exclusión elevándose a definitiva a lista provisional de admitidos de non existir excluídos e de outorgando de dous días hábiles aos excluídos, no seu caso, para alegacións sendo necesaria aprobación de lista definitiva.

Trala lista provisional elevada a definitiva ou lista definitiva de admitidos a Comisión seleccionadora procederá á valoración dos méritos do/a aspirante admitido/a.

En ningún caso serán valorados aqueJes méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueJes documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Cuarta.- Comisión Seleccionadora e actuación de valoración dos méritos aportados polos/as aspirantes no concurso

A súa composición será a fixada en resolución da Alcaldía xunto coa lista definitiva de admitidos e no seu caso excluídos do proceso de selección.

A Comisión non poderá constituírse sen a asistencia de polo menos cinco membros sendo preciso, en todo caso, a asistencia do Presidente e do Secretario.

As resolucións da comisión seleccionadora vinculan á administración sen prexuízo de que esta, de ser o caso, poida proceder a súa revisión de acordo co previsto no artigo 106 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A cualificación dos méritos para o concurso realizarase pola Comisión seleccionadora, axustándose aos criterios que establece o Anexo 1 destas Bases , que publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a relación de aspirantes presentados/as coa puntuación obtida, a que sumada a entrevista persoal levada a cabo pola Comisión Seleccionadora daranos unha puntuación final. Tras a valoración da Comisión esta elevará ao Alcalde-Presidente a correspondente proposta de contratación a favor dos/as candidatos/as que obtiveran a maior puntuación total.

En caso de empate aplicaranse os seguintes criterios recollidos na Orde do 2/05/2017 publicada no DOG núm. 87 de data 08/05/2017 poi a que se establecen os criterios de prioridade entre colectivos para a realización da selección dos/as traballadores/as desempregados/as que serán contratados/as para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade, dando preferencia:

A) Mulleres e, en especial, aqueJas que acrediten a condición de vítimas de violencia.

B) Menores de 30 anos en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquetas sen cualificación profesional.

C) Persoas paradas de tonga duración. D) Persoas con discapacidade.
E) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tiveran dereito. F) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
G) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia. Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ola cónxuxe ou parella de feito, tillos e filias menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.

Quinta.- Formalización e duración do contrato.

O contrato formalizarase a requirimento da Administración acreditando no Rexistro Xeral do Concello a presentación da seguinte documentación:

Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o seu cotexo) do Documento Nacional de ldentidade.

Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o se u cotexo) do Título esixido. Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin encontrarse inhabilitado/a para o exercicio da función pública por sentencia firme.

Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.

Certificado de conta bancaria.

Ola aspirante que faga valer a súa condición de persoas con discapacidade deberá presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

A duración estimada para o posto de socorrista é de 2 meses dende a data de formalización do contrato.

Sexta.- Lista de reserva

Ao rematar o proceso selectivo formarase unha relación das persoas, en orde descendente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista), para cubrir prazas similares ou situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, matemidade ou calquera outra circunstancia, en prazas de similares características deste concello.

Sétima.- Recursos

Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEGUNDO.- Remítase oferta de emprego á Oficina de Emprego de Ferrol aos efectos oportunos; tamén se fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web o anuncio indicativo deste procedemento de selección.



Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, 04 de xullo de 2017.


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares