Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Decembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2017-2018

VII CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 2 PEÓNS A XORNADA COMPLETA PARA A OBRA OU SERVIZO "TE INCLUIMOS"
04 Decembro 2017

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 499/17 DO 28 DE NOVEMBRO DE 2017

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA) CO CIF P1500400E

En uso das facultades outorgadas asta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril de bases do Réxime Local en materia de persoal, polo presente

RESOLVO:

Primeiro.- Vista a notificación electrónica de resolución de conces1on de subvención por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Economía e Industria, pola que se subvenciona a contratación por un prazo de 9 meses de 2 peóns para a realización da obra ou servizo denominado "Te lncluímos", que ratificarase na vindeira Xunta de Gobemo Local.

Segundo.- Proceder a convocatoria e aprobación das bases para a selección de persoal laboral temporal de 2 peóns a xornada completa para a obra ou servizo "Te Incluimos" cos condicionamentos sinalados no outorgamento de subvención po parte da Conselleria de Economia, Emprego e lndustría, aprobando as bases que a continuación se reproducen:

BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEONS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA/SERVIZO "TE INCLUIMOS"

PRIMEIRO.-OBXECTO.-

O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 2 peóns co fin de atende-las funcións propias desta categoría profesional nos Servizos Ofertados polo Municipio.

SEGUNDO.-MODALIDADE.-

A entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social, tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución concedente da subvención e, en todo caso, dentro do exercicio 2017.

A contía da subvención, que percibirán as entidades beneficiarias, para efectuar estas contratacións será, para efectos salaríais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salaríais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente .

Para os efectos destas subvencións non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización, e que, de darse o caso irían con cargo a aportación municipal, de darse o caso.

TERCEIRO.-SISTEMA DE SELECCIÓN.-

Os traballadores e as traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as cales se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o empre go. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de trabal los de interese social.

Será a entidaade beneficiaria da subvención a responsable de comprobar que ,ro momento do inicio da relación laboral a persoa selecciomula estea inscrita m, ofici,ra de emprego como deman<hmte non ocupada dispoliible para o emprego.

Os traballadores e as traballadoras que foran contratados por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Conselería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, non poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas para a contratación nestas bases.

A entidade beneficiaria da subvención solicitará os traballadores e as traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os trabaladores e as traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos pastos de traballo ofertados, e debe presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que responderá á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións -CNO-, de conformidade cos seguintes principios xerais:

• A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos a continuación ou se trate de favorecer aos colectivos enumerados neste.
• En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como criterio de emparellamento a posesión de experiencia laboral.
• Poderán admitirse como criterios de emparellamento os relativos á titu lación, formación e outro tipo de coñecementos, sempre que estean xustificados no expediente de solicitude e sexan coherentes coa resolución de concesión.
• As entidades locais deberán presentar as ofertas cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data prevista para realizar as correspondentes contratacións na oficina pública de emprego que corresponda ao enderezo do centro de traballo do pasto ofertado.

Recibida a oferta, realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características dela atendendo á maior adecuación ao pasto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de persoas candidatas por pasto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dous nin superior a dez.

A remisión de novas candidatos só procederá cando a entidade xustifique documentalmente a súa necesidade por incumprimento dos requisitos da oferta ou por rexeitamento voluntario ou incomparecencia dos remitidos.

CUARTO.-PREFERENCIA NAS PRAZAS.-

Terán preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se for o caso, aqueles que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profes ion al, tales como (Anexo l) :

a) Mulleres e, en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero
( acreditado mediante Certificado de Asuntos Sociais ).
b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional (acrediiado median/e Vida laboral ac/uali::.ada ).
c) Persoas paradas de longa duración (acredilado mediante Vida laboral acluali::.ada).

d) Persoas con discapacidade. (acreditado mediante certificado de discapacidade)
e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
(acreditado mediante Modelo de Declaración Xurada "Anexo II”
f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
g)lntegrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia (acreditado mediante Certificado de Asuntos Sociais).

Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, o/a parella de feito, fillos e filias menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.

QUINTO.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.-

As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, conforme o Modelo de Instancia que se aporta nestas bases e que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello.

A documentación presentaranse no propio Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 14 h. xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona.

O prazo será de 3 días hábiles dende a remisión dos candidatos polo Servizo Público de Emprego. A documentación a achegar conforme o Modelo de Instancia establecido nestas bases será a seguinte:

•Fotocopia do D.N.I.
•Calquera outra documentación que certifique o cumprimento de algunha das situacións establecidas no punto cuarto destas bases.

Serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na Páxina web as listas de adminitidos e excluídos coa motivación da exclusión elevándose a definitiva a lista provisional de admitidos de non existir excluídos e de outorgamento de dous días hábiles aos excluídos, no seu caso, para alegacións sendo necesaria aprobación definitiva.

Trala lista provisional elevada a definitiva ou lista definitiva de admitidos a Comisión Seleccionadora procederá á valoración das solicitudes conforme o establecido no punto OITAVO destas bastes.

En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

SEXTO.-DURAClÓN DO CONTRA TO E XORNADA LABORAL.-

A duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 9 meses.

As contratacións deben de efectuarse para unha xomada a tempo completo, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xomada se fose preciso, tendo en conta os descansos semanais preceptivos.

SEPTIMO.-COMlSION DE SELECCIÓN.-

A Comisión Seleccionadora será designada por Resolución de Alcaldía.

OITAVO.-SELECCIÓN DOS CANDIDATOS.-

Unha vez recibida toda a documentación a Comisión Seleccionadora, determinará o proceso a valorar a información recibida que constará de 2 fases:

Primeira Fase : A Comisión Seleccionadora reunirase para determinar a puntuación dos Ítem citados no punto CUARTO destas bases e debidamente aportados nas solicitudes e a puntuación máxima que poderá asignarse aos candidatos na entrevista da Segunda Fase.

Segunda Fase: A Comisión Seleccionadora citará a cada un dos aspirantes para realizarlles unha entrevista con exposición curricular, a cal se lle asignará una segunda puntuación que engadirase á acadada na primeira fase e o resultado final establecerá o posto definitivo do aspirante.

NOVENO.-DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-

A duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 9 meses.

As contratacións deben de efectuarse para unha xornada a tempo completo, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, tendo en contaos descansos semanais preceptivos.

DECIMO.-PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.-

Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente).

A persoas designadas a favor da posible proposta de contratación deberán de achegar para a formalización do contrato nos termos establecidos no PUNTO UNDECIMO destas bases a seguinte documentac ión:

Fotocopia do DNI
Numero da Seguridade Social Certificado de Conta Bancaria

UNDECIMO.-FORMALIZAClÓN DO CONTRATO.-

Unha vez presentada a documentación á que se retire o apartado anterio r, o órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pota Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación. Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda .

Os contratos de traballo subscritos coas persoas traballadoras seleccionadas deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente, necesariamente a través do aplicativo CONTRAT@, agás no caso de entidades con menos de 5 traballadores, que poderán facelo a través deste aplicativo ou ben por escrito.

Para a comunicación dos contratos de traballo á correspondente oficina de emprego a través da aplicación informática CONTRAT@, deberán terse en contaos seguintes requisitos:

a) Que as persoas contratadas cumpran, no momento da contratación, os requisitos para seren beneficiarias destes programas.
b) Que se utilizase o modelo de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.

En todo caso, as contratacións que incumpran calquera destes requisitos non se entenderán xustificadas e non poderán ser subvencionadas e, se for o caso, poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento e reintegro, das cantidades que subvencionan estas contratacións.

DUODECIMO.-SUBSTITUCIÓN.-

A entidade beneficiaria poderá contratar outra persoa en substitución daquela que causou baixa durante o tempo que reste para que remate o período subvencionado, sempre que a contratación se produza dentro dos 30 días seguintes ao da baixa na Seguridade Social da inicialmente contratada.

No suposto de baixas temporais por matemidade ou por outras causas que se prevexa que sexan de duración superior a 30 días, a substitución só será posible logo de autorización expresa da xefatura territorial correspondente por solicitude fundamentada da entidade contratante.

A nova contratación deberá cumprir os requisitos exixidos na orde de convocatoria para as contratacións iniciais subvencionadas e deberá ser notificada á xefatura territorial indicando a causa da baixa, nun prazo máximo de quince (15) días desde a correspondente contratación .

.-DISPOSICIÓNS FINAIS.-

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou aquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como a actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecida pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares