Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 26 de Maio de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ALFOMBRAS FLORAIS 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “MAÑÁS DE LECER” 2018 (SERVIZO DE LUDOTECA MUNICIPAL)
30 Abril 2018

O Servizo de “Mañás de lecer ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:

Obxectivos xerais:

- Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.

- Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.

- Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.

- Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo libre.

- Facilita-la maduración da personalidade dos nenos e nenas nos seus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.

- Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolos niveis municipais.

- Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respecto á diversidade.

Obxectivos específicos:

- Promover estilos de vida saudables.

- Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.

- Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.

- Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas

- Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.

- Favorecer a toma de decisións.

- Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.

- Promover a resolución pacífica de conflitos.

- Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.

- Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo, os xoguetes e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

- Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo e os xoguetes, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e creatividade xunto co seu grupo de iguais.

- Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
- Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.

Todo elo, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:

- Adecuación aos principios educativos.

- Consideración dos obxectivos xerais.

- Motivación para unha aprendizaxe significativa.

- Coherencias pedagóxico-didácticas.

- Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.

- Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

Este proxecto desde o seu inicio lévase a cabo en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais, xa que aínda que se segue unha rigorosa orde de selección segundo os criterios de acceso, teñen preferencia os casos de emerxencia social ou aqueles nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade. Para certificar os posibles casos, contamos coa colaboración do dito departamento que estudarán e valorará cada caso, elaborando o informe correspondente.

Para atender axeitadamente cada caso, este programa conta cunha persoa coordinadora, do Departamento de Servizos Sociais (Diplomada en Educación Social).

Ademais, contaremos con tres tutoras/es coa cualificación necesaria para exercer este labor ( mestres/mestras de educación infantil ou primaria, director/a-monitor/a de tempo libre, educador/a infantil) dos que un deles exercerá de supervisor/a.

As actividades realizadas no servizo, desenvólvense en equidade en lingua galega e castelán (segundo a Lei de Normalización lingüística: DECRETO 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia DOGA Nº97 do 25 de maio de 2010), favorecendo a integración dos nenos e nenas que poidan proceder doutros lugares fóra de Galiza.

Os/as responsables das aulas, levarán un control rigoroso da asistencia das persoas seleccionadas, ó mesmo tempo que realizarán unha avaliación continua diaria baseada na observación, é dicir, a/o responsable observa a mellora ou non, do comportamento de cada rapaz/a, da súa psicomotricidade fina, do cumprimento das normas, da forma de relacionarse có resto dos/as compañeiros/as, etc.

Na aula hai unha normativa que os/as nenos/as coñecen, son normas de comportamento, conduta, convivencia, horarios e coidado da aula. As titoras/ os titores teñen un sistema de recompensa por puntos, baseada na retirada de puntos cada vez que se incumpre unha norma, recompensando ó final de cada semana, a aqueles/as que non incumpriran ningunha norma.

Dentro destas normas están os horarios e condutas a seguir durante a merenda, momento que aproveitamos para ensinar e reforzar comportamentos e hábitos saudables, ademais de nos momentos do obradoiro de cociña que máis adiante explicaremos.

DESTINATARIOS

Nenos/as con idades entre os 3 aos 12 anos, repartidos en 3 aulas:

• de 3 a 4-5 anos: poderán solicitalo todos aqueles nenos e nenas que cumpran 3 anos ao longo do 2018 (15 persoas usuarias).
• de 5-6 a 7-8 anos (20 persoas usuarias)
• de 8-9 a 12 anos (25 persoas usuarias)

*No período 1 a 9 de setembro, unificaráse ao alumnado admitido nunha sola aula, cun só monitor/a ( 20 alumnos/as)

Estas cifras poderán variar no caso de que exista maior demanda que oferta sempre baixo criterio das persoas coordinadora e supervisora, quen terán presente non prexudicar o bo desenvolvemento do servizo.

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

As familias interesadas, dentro do prazo de solicitude, deberán presentar:

• Folla de inscrición cuberta.
• Declaración da renda do exercicio 2017, ou no caso de non estar obrigado a presentala, certificación da AEAT que acredite este feito ademais dos datos fiscais que consten la AEAT na que se poidan observar os ingresos anuais da unidade familiar durante o 2017.
• Fotocopia do DNI do neno ou nena ou no seu defecto fotocopia da folla onde aparece no libro de familia.
• Fotocopia da cabeceira da nómina, contrato en vigor dos proxenitores ou calquera outro documento legal que acredite a situación de empregabilidade do/s proxenitor/es e horarios( por conta propia ou allea ).
• Volante de empadroamento.
• Fotocopia do carné de familia numerosa no seu caso.
• Certificado médico de alerxias ou problemas médicos a ter en conta pola monitora, e avisar se as nenas ou nenos están de alta coma casos de alerta escolar no SERGAS.
• Informe emitido dende a Concellaría de Servizos Sociais, no seu caso.

- Rematado o prazo de matrícula, publicaráse a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web do concello no apartado destinado á actividade, e no Edificio da Alianza Aresana, á que se poderán facer alegacións no prazo de cinco días hábiles. Unha vez revisadas as alegacións formuladas publicaráse a listaxe definitiva.
- No caso de que exista maior demanda que oferta de prazas, elaboraráse unha listaxe de agarda seguindo os mesmos criterios anteriores.
- No caso de variación das circunstancias laborais dalgún dos proxenitores entre o momento da solicitude e a publicación da resolución definitiva, as familias poderán solicitar a incorporación de novos documentos xustificativos para a súa valoración.


* Do 1 a o 9 de setembro : aplicaráse a parte proporcional da cuota correspondente redondeada á unidade.

Para o cálculo da tarifa terase en conta a renda mensual per cápita referida ao IPREM vixente, entendendo por tal o resultado de dividir a suma dos ingresos anuais totais da unidade familiar entre 12 meses e o seu resultado entre os membros que a compoñen.

Para os efectos da presente regulación, ten a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral mais a base impoñible do aforro. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado da documentación económica achegada.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20 % ou mais dos seus ingresos durante mais de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF do exercicio anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta a valoración.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar divididos polo número de membros computables.
Para o previsto nestas bases, considérase que compoñen a unidade familiar:

- Os pais/nais non separados legalmente e, no seu caso o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.

- Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.

- Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.
Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante do servizo. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unido/a ao pai/nai e que si que conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias que se teñen en conta no baremo de bonificación das taxas.
A omisión, falsidade dos datos ou dos documentos achegados, serán causa de
denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

NORMAS SOBRE A IMPUTACIÓN DAS COTAS

Aquelas persoas solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade económica, no prazo de subsanación correspondente, aboarán a tarifa prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 125% do IPREM.

BENEFICIOS FISCAIS

Terán dereito as seguintes bonificacións:

• Bonificación do 50% para os nenos e as nenas pertencentes a familias numerosas
• Bonificación do 50% dende o 2º irmá dentro da actividade ( desconto aplicable para o segundo irmá/n e seguintes ) .

Os beneficios fiscais recollidos neste apartado, non serán acumulables no caso de concorrer estas dúas circunstancias na mesma praza.

A solicitude de bonificación de taxas deberá facerse por escrito no momento de presentar a solicitude do servizo.

DEVENGO

A obriga de pagamento para os/as usuarios/as nace cando se produza a notificación de admisión no servizo mediante a publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido (a cota a aboar poderá calcularse coa táboa anterior ou consultarse na biblioteca municipal) e na forma que se indique na devandita resolución.

A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da taxa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

NORMAS DE XESTIÓN

Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante transferencia bancaria no número de conta que se designe na resolución de admisión e sempre antes de comezar a recibir o servizo.

As cantidades aboadas só se devolverán no caso de non poder utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

Os pagos do servizo, deberán estar ao día o 15 de setembro de 2018, en caso contrario non se lle permitirá o acceso ao servizo o ano seguinte.

CRITERIOS DE ACCESO E PREFERENCIA DO SERVIZO:

Xa que o Servizo de “Mañás de lecer” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:
1. Nenos e nenas dependentes da Concellaría de Servizos Sociais (con informe emitido dende dita concellaría)

2. Nenos e nenas empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando ( ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).

3. Nenas e nenos empadroados no Concello de Ares cun dos proxenitores traballando.

4. Nenos e nenas empadroados no Concello de Ares .

5. Nenas e nenos non empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando (ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).

6. Nenas e nenos non empadroados no Concello de Ares con un proxenitor traballando.

7. Nenas e nenos non empadroados.

A orde das listaxes do alumnado dentro de cada punto anterior virá dada pola renda da unidade familiar
HORARIO

O horario da ludoteca é o seguinte:

Xullo, agosto e do 1 ao 9 de setembro: de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres, agás festivos.


INSTALACIÓNS

Esta actividade lévase a cabo:

• Na aula sita na Rúa Avenida Federico García Expósito.
• Aula das Escolas do Lago sita entre na Rúa Real.
• Aula de Cultura sita na Avda. Zamborela
• Calquera outra instalación municipal que cumpra os requisitos e se habilite a tal efecto.

Aproveitaremos que as instalacións fican preto do parque infantil para levar a cabo algúns xogos (cando o tempo o permita) nel, ademais do campo que está ao seu carón, e así tamén, a praia.

Contamos tamén en ocasións co Edificio da Alianza Aresana, que alberga a Biblioteca Municipal.

PRAZO DE SOLICITUDE :

O prazo para presentar a solicitude comezará o luns 30 de abril de 2018 e rematará o luns 21 de maio de 2018 ( incluído). Deberá presentarse segundo modelo do Anexo I .

ACTIVIDADES:

Lévase a cabo un amplo programa de actividades lúdico educativas:

- Xogos simbólicos

Os xogos simbólicos son os xogos da imaxinación por excelencia.

Con estes xogos os nenos desenrolan a súa capacidade de comunicación e expresión, adquiren confianza e seguridade, descobren as súas posibilidades motrices, sensitivas e expresivas e permite ós/ás nenos/as pasar do egocentrismo a actitudes máis abertas, estimulando a súa imaxinación e colmando as súas fantasías.

- Xogos de ensamblaxe:

Contribúen a superar as dificultades motrices e de orientación. O feito de construír-destruír, facer-desfacer, tirar-recoller, permítelle experimentar cambios, realizar combinacións e asociacións, desenrolando a súa imaxinación.

- Xogos cooperativos

O que predomina nos xogos cooperativos é a colaboración entre participantes. Estes xogos crean un clima distendido e favorable á cooperación do grupo, onde a fin non é ganar senón divertirse e conseguir obxectivos comúns.

- Actividades de exterior

Facilitan as súas posibilidades de acción e exploración. Axuda a coñecer máis e mellor o seu corpo, que teñan consciencia do espazo e que estean atentos/as, potenciando a capacidade de razoamento. Lévanse a cabo sobre todo xogos tradicionais: comba, pilla- pilla, pañol, o gato e o rato, etc.).

Tanto no exterior como no interior da aula, levamos a cabo circuítos para favorecer a psicomotricidade.

- Manualidades

As actividades de expresión plástica, como debuxos, pintura, modelado, traballos de manipulación e reciclaxe, contribúen amplamente á mellora de habilidades motrices, de coordinación óculo-manual, así como, as habilidades mentais, proporcionando un alto
grado de satisfacción. As actividades realízanse tamén tendo en conta a época do ano (postais navideñas, ovos de Pascua, murais decorativos outono-inverno, etc.)

- Actividade de Aps

Levaremos a cabo unha actividade de Aprendizaxe-Servizo durante a duración do servizo. Esta actividade combinará nunha o aprendizaxe de contidos, competencias e valores coa realización de tarefas de servizo á comunidade. O aprendizaxe- servizo parte da idea que a axuda mutua é un mecanismo de progreso persoal, económico e social, millor que a persecución obsesiva do proveito individual.

A idea desta actividade partirá dos intereses e inquietudes dos usuarios do servizo.

Elaboración de xoguetes con material de refugallo

Có fin de aproveitar os materiais que a diario tiramos, elaboramos entre todos cós botes de maionesa grandes, as diferentes papeleras para os distintos residuos, ademais de aproveitar distintos envases e materiais para elaborar diferentes aparellos: bolos, marionetas, etc.

- Animación á lectura e xogos de mesa

Coas actividades de animación á lectura pretendemos achegar ós/ás nenos/as ó mundo dos libros e contos potenciando a súa imaxinación e creatividade, ademais de fomentar a participación dos/as nenos/as na lectura a través do xogo, empregando para elo os xogos de mesa. Realízanse actividades de lecto-escritura, lectura de poesía unha vez ó mes, debuxo de viñetas coa posterior invención do conto, psicomotricidade fina, discriminación de cores e tempo,Contacontos que favorecen actitudes e valores positivos (por exemplo : Contos ao revés :”Ceniciento”, “La peluca de Rampunzel”, “El patitobello”...) etc.
Ademais, todos os meses realizan unha ou varias visitas á biblioteca municipal para que os nenos empreguen o servizo de empréstito de libros.

- Filosofia para Nen@s, aprender a pensar xogando:

É unha proposta educativa que brinda aos nen@s os instrumentos adecuados no intre no que comezan a interrogarse sobre o mundo e a súa inserción nel. É un programa progresivo especialmente deseñado para nenos de 3 anos en diante, co que os nenos/as

aprenden a pensar creativamente e a actuar de forma ética a través da arte, os contos e lendas e a realidade que os rodea .

- Teatro e títeres

Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Ares, durante todo o ano lévanse a cabo actuacións de maxia, teatro e títeres, ás que asisten os/as nenos/as da ludoteca, realizando dita actividade no local de usos múltiples da Alianza Aresana.

- Expresión musical

Con esta actividade, pretendemos compartir vivencias musicais cós/coas compañeiros/as do grupo, que lles permita enriquecer a súa relación afectiva coa música a través do canto, do movemento e da audición activa.
Ademais, os/as nenos/as aprenden a interpretar diferentes ritmos, melodías e cancións, así como a relacionar o silencio, o ruido e o son (coas súas cualidades: altura, timbre, intensidade e duración) coas súas posibilidades expresivas e corporais.

- Inculcar e potenciar boas actitudes, valores e normas de convivencia

Como xa explicamos anteriormente, nas aulas existen unhas normas de comportamento, conduta, convivencia, horarios e coidado da aula, que se leva a cabo mediante o sistema de recompensa por puntos. Todo elo supervisado polas responsables da aula mediante a avaliación continua mediante a observación

ACTIVIDADES PUNTUAIS: dependen das circunstancias (actividades culturais municipais, os aniversarios dos cativos, realización dos talleres específicos de cada época, etc):

 ANIVERSARIOS: facemos festa para homenaxear o/a cativ@ que cumpre anos ese día determinado (merenda, poñémoslle unha coroa, facemos unha piñata, música, xogos..)

 OBRADOIROS:

1. COCIÑA: realización de comidas variadas sen risco ningún, xa que trátase dunha cociña sen lume.
Os cativos elaborarán distintos alimentos, descubrindo o gusto pola cociña, as novas texturas, as cores ,os sabores e discriminarán todo tipo de asociación machista entre a muller e a cociña:¡ aquí cociñamos tod@s!

2. EDUCACION VIAL: elaboración dunha cidade en papel para murais donde aparecerán as distintas señalizacións viais. Posteriormente xogarase cos coches imitando á realidade.

3. MUSICAIS: elaboración de distintos instrumentos con materiais de refugallo. Dramatización e aprendizaxe de novas cancións e bailes.

4. ANIMACIÓN Á LECTURA: elaboración dun conto propio para a aula (Binomio fantástico de Rodari): a monitora expón dúas palabras que non teñan nada que ver entre se aparentemente (anano, tixola, por exemplo),estas deberán aparecer ó longo do conto.Cada neno inventará un trociño da historia, ata elaborar un conto.A monitora comeza e remata o conto, e servirá de guía para non perde-lo fío da historia, xa que non tódolos nenos posúen o mesmo grao de imaxinación.

Posteriormente os pequenos deberán realizar un debuxo cada un de unha das esceas. A mestra escribirá o conto neses debuxos ,obtendo así o noso libro de contos.

ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS QUE PARTICIPAMOS:

Concurso de Castelos na area.

AVALIACIÓN

A avaliación como xa dixemos, é continua durante todo o período vacacional cós/coas nenos/as, baseado na observación e recompensa mediante un sistema de puntos.
Así mesmo, no mes de setembro reunímonos todo o equipo para facer unha avaliación total (Incluído unha autoavaliación a través dun diario de campo) e propor cambios e melloras para a seguinte tempada.

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo Alcalde-Presidente do Concello de Ares


BASES E ANEXOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares