Web Oficial del Concello de Ares (A Coruña)
Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 16 de Agosto de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

ARES INDIANO 2018

VERANEARES 2018

ARES DENDE O MAR: RUTAS TURISTICAS EN BARCO

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ALFOMBRAS FLORAIS 2018
03 xuño 2018

PRESENTACIÓN
Dende o ano 1986 o Concello de Ares consolídase como unha das localidades do norte galego que con máis entusiasmo popular celebra a festividade do Corpus Christi alfombrando con flores varias rúas da localidade.

No domingo seguinte ao xoves de Corpus en Ares faise bo o dito: Tres xoves hai no ano que relocen máis que o sol : Xoves Santo, Corpus Christi e o día de Ascensión.

Todo comezou un 2 de xuño de 1983 cando algúns veciños colocan na rúa, diante das portas das súas casas, unha mesiña cun xarro de flores enriba dun pequeno pasillo de espadana, onde faría parada a procesión relixiosa.

Ao ano seguinte manteñen eses detalles e incorporan nunha das rúas un gran Escudo de Galicia feito con flores e algo máis elaborado.

Chegado 1985 xa se confecciona un pequeno tramo de alfombra floral entre dúas casas da mesma rúa con debuxos e cenefas, sendo ao ano seguinte cando comeza a cubrirse con este arte efémero toda a lonxitude actual.

En 1992 a organización desta celebración toma carácter oficial coa creación da Asociación Alfombra Floral de Ares, subdividida en sete tramos que se reducen a 6no 1997 ao unificarse dous existentes. A superficie cuberta éde1.000 m de longo por 3 m de ancho á que hai que engadir os motivos que cubren varias das prazas do percorrido.

Calcúlase que cada ano utilízanse ao redor de 15 toneladas de verde e flor.

DENDE 2011 ESTÁ DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

CORPUS CHRISTI
Corpo e sangue de Cristo

CERIMONIAS E OFRENDAS
Cando se celebra a cerimonia da Santa Misa de Corpus da igrexa católica (orbe desta festa), cantan no ofertorio:

Polos nenos que empezan a vida polos homes sin teito nin fogar polos pobos que sofrenas GUERRAS ofrecémosche o viño e o pan.

Pan e viño sobre o altar son ofrendas de amor pan e viño serán despois teu corpo e sangue Señor.

A festa relixiosa do Corpus ten por obxecto realzar, festexar, agradecer, participar nese sagrado misterio, co que Deus quere manter á feligresía na fe e favorecerlles a vida terrenal e eterna.

Texto: Jesús Vilasánchez

PROCURA DE MATERIAIS
Meses antes do gran día, reúnense os grupos de traballo de cada tramo e, ademáis de decidir o deseño dos motivos dese ano, comeza a recollida do que lle chaman o verde que atopan nos campos de toda a comarca a cuxos donos se lles pide autorización ou mesmo ofrecen xa os seus predios para este menester.

Despois empeza o proceso para recabar as flores no que tamén recurren ás fincas e hortas da comarca, agás para os caraveis que é necesario mercar. Váise facendo acopio doutros materiais como cunchas de ameixas, arroz, café, area da praia, bolas de eucalipto que complementarán o material floral e que na maioria dos casos tínguense de múltiples cores.

Antigamente, nas alfombras orixinais, empregábase espadana (cozvermella e palma verde) combinada con fiuncho. Hoxendía utilízanse como verde: pino, tuia e mirto; Tamén herbas como labaza, lágrimas e cheirenta; flor de todo tipo como o carclo, pampillo, rosa, caravel, hortensia,...

PREPARACIÓN DE MATERIAIS
Nas semanas anteriores ao Corpus, os grupos de traballo reúnense para limpar e cortar o verde e tinguir os distintos materiais que se van usar na confección das alfombras.

Vanse seleccionando e almacenando segundo a súa cor, especie ou uso que se lle pretenderá dar na alfombra para facilitar así as tarefas de distribución e colocación na noite previa á celebración.

Estas xuntanzas, normalmente vespertinas, poden dilatarse durante horas convertíndose así nun acontecemento social de convivencia e colaboración mutua na procura dun fin común

DESEÑOS
Con varios meses de antelación ao domingo de Corpus reúnense os grupos de traballo de cada tramo para elexir os motivos e debuxos que incorporarán ás alfombras florais.

Para a elección do tema os responsables dos 6 tramos de xeito consensuado buscan relación con personaxes de actualidade, conmemoracións importantes ou introducen elementos abstractos, relixiosos,...

Plantillas de madeira, papel e tamén cartón facilitan o pintado das rúas nos días previos (sobretodo para os denominados bordillos ou cenefas, partes exteriores das alfombras) e serven de guía á veciñanza que coloca as flores e demáis ornamentos a noite do sábado.

Para o pintado dos motivos interiores, pola contra, úsanse as mans dos veciños e veciñas máis artistas quen os debuxan directamente no pavimento.

ANOITE DAS ALFOMBRAS FLORAIS
A noite do sábado ao domingo confecciónanse as alfombras, na súa meirande parte elaboradas pola veciñanza aresana pero tamén por xentes da comarca que por devoción ou tradición, desexan formar parte desta festa.

Todos en harmonía, nunha gran noite máxica.

Nos diferentes tramos establécense distintos grupos de traballo: reparto de materiais e debuxos, decoradores, avituallamento a base de café, bola de azucre, empanada,...ata que se remata totalmente a alfombra case ao mencer do domingo.

É un espectáculo gratificante ver deitados no chan, colocando os materiais que conforman as alfombras a numerosas persoas maiores, xente moza e mesmo nenos pequerrechos enamigable compaña, axudándose mutuamente e sempre cun sorriso na faciana.

A TRADICIÓN
O domingo de Corpus e o sábado anterior son días moi especiais para toda a veciñanza de Ares. Son os días nos que van poñer en valor o traballo de varios meses.

O cume da festa chega coa procesión de Corpus Christi que comeza despois da misa solemne que se oficia ás 17 h. na lgrexa Parroquial de San Xosé de Ares.

No transcurso da celebración o grupo de rapaces e rapazas que recibiron a súa Primeira Comunión ese mesmo ano procesionan nun lugar destacado.

Resulta obvio indicar que é unha data que agardan con moita ilusión tendo en conta que son, xunto co sacerdote, os primeiros en pisar estas marabillas de arte efémero.


DESPREGABLE en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares