Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 10 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 13 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2018
29 Maio 2018

PRIMEIRA.- OBXECTO.-
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 13 PEÓNS co fin apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.

SEGUNDA.- MODALIDADE.-
A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato por obra ou servizo determinado, cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 858,55 €/mes.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-
Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente na nosa comarca que ademáis carece dun sector de aproveitamento primario e secundario), e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular.

CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-
A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanais preceptivos.

QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-
Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde co disposto na Lei 17/1993, de 23 de decembro.
b) Ter cumpridos 16 anos.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-
As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, no modelo no Anexo II, que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello, e presentaranse no propio Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 14 h. Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona. O prazo será de 10 días naturais.

• Fotocopia do D.N.I.
• Fotocopia da Tarxeta de Demandante de Emprego actualizada.
• Informe de Vida Laboral actualizada (non necesaria no caso de que conste a data de inscrición na tarxeta de demandante de emprego).

No suposto de que non poda acreditarse a antigüidade como demandante de emprego mediante: “Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego actualizada” e “Informe de Vida Laboral”, deberá acreditarse mediante un Informe emitido pola Oficina do Servizo Público que Emprego no que figure a antigüidade do candidato como demandante de Emprego.

A apertura deste proceso de selección publicarase nun Xornal dos de maior tirada da comarca, ademais da súa publicación na páxina web do Concello de Ares.

ÉPTIMA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.-
Expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de aspirantes admitidos e excluídos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello.

Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición da Comisión Seleccionadora, así como lugar, data e hora da celebración da entrevistas, que se publicarán tamén no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello para o seu coñecemento xeral.

OITAVA.- COMISION DE SELECCIÓN.-
A Comisión Seleccionadora será designada polo Alcalde.

NOVENA.- SELECCIÓN DE ASPIRANTES.-
A comisión seleccionadora, en base ás circunstancias socioeconómicas acreditadas pola documentación aportada polo propio solicitante e a que obre en poder do propio Concello, adxudicaralle a cada un deles a puntuación correspondente.

A cada un/unha dos/as aspirantes previamente admitidos/as e que acaden as 50 puntuacións mais altas (no caso de que supérense as 50 solicitudes), realizaráselle unha entrevista con exposición curricular cuxa puntuación se engadirá á acadada na primeira fase e o resultado final establecerá o posto definitivo do aspirante.

DÉCIMA.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.-
Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas ou propostas posteriormente).

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-
Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación. Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMO SEGUNDA.- NORMAS FINAIS.-
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou aquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como a actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecida pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

En Ares a 10 de maio de 2018.


Asdo: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares


BASES E ANEXOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares