Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 10 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS TÉCNICOS PARA A CASETA DE TURISMO
08 xuño 2018

A vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 235, do Mércores 13 de decembro de 2017 pola que se publica Programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2018.

Na súa virtude, en base aos preceptos legais aplicables, en especial, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei5/1997 de 22 de xullo e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, veño en aprobar as seguintes bases que teñen por obxecto a selección que nas mesmas se contemplan, baixo a modalidade contractual de contrato de obra ou servizo determinado ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro , en materia de contratos eventuais por circunstancias da produción.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS TÉCNICOS PARA A CASETA DE TURISMO.

PRIMEIRA.- Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é o financiamento das retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos da provincia da Coruña de poboación inferior a 50.000 habitantes por un período mínimo de 4 meses durante o ano 2018.

O persoal deberá ser a través de nova contratación ou pertencer ás listaxes habilitadas para o efecto.

SEGUNDA.- Modalidade.
A contratación é por obra ou servizo de 2 técnicos de turismo polo prazo de 4 MESES exercendo o 75% da xornada laboral.
TERCEIRA.- Sistema de selección.
Oposición libre.
CUARTA.- Duración do contrato.
A duración do contrato será de 4 meses contados a partir da sinatura do mesmo.
QUINTA.- Condicións dos aspirantes.
Os aspirantes para participar nas probas, deberán reunilos seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes :

a) Ser de nacionalidade española.

Non obstante o anterior, poderán concorrer tamén os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade consonte ó disposto na Lei 17/1993, do 23 decembro, sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, e demais normativa de desenvolvemento.

Previa acreditación da súa nacionalidade, os nacionais daqueles Estados ós que en virtude de Tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, tamén poderán concorrer.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade.

c) O persoal deberá estar en posesión de algún dos seguintes títulos:

• Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.
• Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.
• Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.
• Grao ou licenciatura en Historia da Arte.
• Grao ou licenciatura en Humanidades.
• Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
• Grao ou licenciatura en Historia.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servizos Sociais.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo á Administración do Estado, comunidade Autónoma ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os nacionais dos demais Estados membros de unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar dos mesmos ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estén incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

SEXTA.- Presentación de instancias.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de diez días naturais a partires da publicación do anuncio da convocatoria nun Xornal dos de maior tirada da comarca.

Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos no apartado QUINTA destas Bases, acompañando inescusablemente os seguintes documentos:

– Xustificante acreditativo de haber ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 5 euros en concepto de dereitos de exame. Dito importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo.
– Fotocopia do D.N.I.
– Fotocopia compulsada da titulación requirida.
– Fotocopia compulsada do Certificado de Lingua Galega (CELGA) equivalente o nivel do título exisido.


SÉTIMA.- Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios exclusivamente, e se determinara o prazo 3 días hábiles para a subsanación das deficiencias nas instancias presentadas polos aspirantes excluidos.

Transcorrido antedito prazo, públicarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios exclusivamente

Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición do Tribunal cualificador, así como lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio.

OITAVA.- Composición Comisión Seleccionadora.

A Comisión Seleccionadora designarase por Resolución de Alcaldía e estará composta polos seguintes membros :

Presidente: Un funcionario designado pola Alcaldía.

Secretario: O secretario do Concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: Tres membros con coñecementos en turismo.

Os membros da Comisión Seleccionadora deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorran algunha das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro do réxime xurídico do sector público ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da presente convocatoria.

A Comisión Seleccionadora poderá dispoñela incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente.

A efectos de asistencias e dietas, a Comisión Seleccionadora entenderase encadrada na categoría primeira.

Os membros deberán ter idéntica ou superior titulación á esixida para a provisión da praza.

O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e do Secretario.

O Tribunal poderá dispoñela incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, quen se limitarán ó exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

O Tribunal queda facultado para resolvelas dúbidas que se presenten e tomalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.






NOVENA.- Selección dos aspirantes.
Realizarase mediante o sistema de oposición libre que se desenvolverá como segue:

- Fase de oposición.
Consistirá na realización de dúas probas de carácter obrigatorio e eliminatorio excepto a proba de galego que será calificado de apto ou non apto. Aqueles aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA-4 estarán exentos de realizar esta proba.

Para superar a primeira proba será necesario acadar alomenos cinco puntos, puntuando un máximo de dez puntos.

Consistirá nunha proba :

Desenrolo dun proxecto proposto polo Tribunal inmediatamente antes de iniciarse a proba durante o prazo máximo de 60 minutos e gardará relación coas tarefas a desenrolar, especialmente o potencial turístico do Concello de Ares, o seu entorno e historia así como a súa xeografía e lugares e festas de interese turístico.

Unha vez rematado, a Comisión Seleccionadora poderá acordar que os aspirantes dean lectura en acto público á mesma.

A Comisión Seleccionadora, concluída a avaliación e asinadolos resultados, procederá a elevar á Alcaldía a proposta do aspirante seleccionado/a para a formalización do contrato.

ÚNDÉCIMA.- Proposta de aprobados. Presentación de documentos e formalización do contrato.

Concluída a cualificación do proceso selectivo, o Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. O Tribunal elevará a correspondente proposta de contratación a favor do/a aspirante que obtivera a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas).

O aspirante proposto presentaran no Rexistro Xeral no prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte nas probas esíxense na base sexta. A saber:

- Copia compulsada dun dos títulos citados no punto 5.c) das bases desta convocatoria.
- Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio das súas funcións.
- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou da Administración Local, sen atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

No caso de que no prazo indicado o aspirante proposto non presentase a documentación esixida, agás causas de forma maior, non se formalizará o contrato, baixo a modalidade de CONTRATO DE OBRA OU SERVIZO PREVISTO NO REAL DECRETO 2720/1998, DO 18 DE DECEMBRO, POLO QUE SE DESENROLA O ARTÍGO 15 DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES EN MATERIA DE CONTRATACIÓN, extinguíndose o mesmo ademais de polas causas legais previstas, pola supresión do servizo, finalización da súa actividade ou extinción da subvención para dito posto.

Cumpridos os anteriores requisitos, pola Alcaldía procederase a formalizalo correspondente contrato, establecéndose un período de proba conforme o estipulado no artigo 14 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

A duración do contrato queda condicionada á subvención que para dita actividade reciba o Concello.
DUODÉCIMA. Obrigas específicas

- O período mínimo de atención ao público será de 4 meses, coincidindo coa tempada alta turística.
- A información facilitada comprenderá a información local e tamén información de todo o xeodestino e da provincia da Coruña. En ningún caso se ofrecerá información tendente á realización de accións discriminatorias de comercialización turística nin sobre establecementos non inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.
- Os informadores turísticos adscritos ás citadas oficinas están obrigados a realizar os seminarios de formación en temas relacionados co turismo que puidese impartir a Deputación, co obxecto de mellorar a calidade dos servizos que se han prestar.
- Garantirase a utilización da lingua galega na prestación do servizo (rótulos, documentos, paneis...) xunto co resto das linguas que se considere utilizar para mellorar a calidade do servizo.


DÉCIMO TERCEIRA. Resolución de dúbidas.

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolvelas dúbidas que se presenten e para tomalos acordos necesarios para o bo orde do proceso.

En todo o non previsto nas presentes bases, rexerá como supletorio, o Regulamento Xeral de ingreso de persoal ó servizo da Administración de Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado, aprobado polo Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño e demais normas aplicables.


DÉCIMO CUARTA. Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderanse recurrir mediante a interposición dos oportunos recursos. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación da Comisión Seleccionadora poderán ser impugnados polos interesados nos casos en na forma prevista na lexislación vixente aplicable.

DÉCIMO QUINTA.- Formalización do contrato.

Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor do/a aspirante proposto/a polo Tribunal Cualificador, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorpore ao posto de traballo, a/o aspirante non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.


DÉCIMA SEXTA.- Disposicións finais.

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, a lei 2/2015 de 29 de abril de Emprego Publico de Galicia e demais normativa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polas/os interesadas/os nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.


BASES E ANEXOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares