Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 18 de Octubre de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
XUVENTUR 2018: PROGRAMA DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL
05 Octubre 2018

Que é “ XuvenTur”?

A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha unha nova edición do programa “XuvenTur”·
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural , en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.

Quen pode participar?

“XuvenTur” está dirixido á xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.

Obxectivos do programa:

Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.
Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.
Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de Galicia.
Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

O programa, que é gratuíto, inclúe:

Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da asignación dos mesmos
Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo
Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)
O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Condicións de participación

Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha quenda.
As persoas mozas participantes terán que respectar os horarios establecidos.
Durante a estancia nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes.
Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da viaxe, poderán ser expulsadas da súa participación na actividade correspondente.
Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
A incorporación realizarase o venres pola tarde antes das 21:00 h, e a saída será ao remate da actividade que será sempre os domingos antes do xantar (consultar o programa de cada actividade para saber o horario específico)
A participación no programa supón a aceptación das condicións deste. Noutro caso poderá excluírse do programa á persoa participante que incumpra as devanditas condicións.

Material necesario

Útiles de aseo, roupa axeitada (usada e cómoda), prendas de abrigo e chuvia, calzado deportivo (forte e cómodo) e mochila.

É importante que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido. En cada programa figuran as indicacións a este respecto.

Prazas
O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 18.

Inscricións e reservas

A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que podes descargar no seguinte enlace.
As prazas asinaranse por estrita orde de chegada.
A confirmación da praza farase por correo electrónico. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventude.programas@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito.

Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.


Prazo de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 14 de setembro ás 9:00 horas.

Adxudicación das prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

No formulario de confirmación de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.

Os/as participantes admitidos/as que por calquera causa non poidan finalmente asistir ás actividades, deberán comunicalo á Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado a través dun correo electrónico (xuventude.programas@xunta.gal) cunha antelación mínima de 5 días naturais a data de inicio do programa, co fin de poder asinar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de espera.
De non facelo así quedarán excluídos de participación en sucesivas edicións deste programa e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado.

PROGRAMAS

Programa 1: ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo).

- Actividades: ruta de sendeirismo nocturna, visita guiada polo interior das Covas do Rei Cintolo, visita á praia das Catedrais e ao porto de Rinli, visita cultural a Mondoñedo e Ribadeo (ruta dos indianos) e observación de aves (birding) na ZEPA (zona de protección para Aves) na ría de Ribadeo.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 18:30 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as excursións, de asas, calzado cómodo para camiñar, (bota de sendeirismo resistente a auga e con calcetín alto), roupa cómoda e de abrigo (pantalón mellor longo), roupa de reposto, gorra ou viseira para o sol, chuvasqueiro , cantimplora ou botella, útiles de aseo persoal, prismáticos (opcional), toalla e saco de durmir.
Ademais, para visita á cova: roupa de reposto cómoda e calzado con piso de goma pechado e que non esvare.
- Aloxamento: Hotel Voar, Rotonda Voar 27700 Ribadeo, Lugo
- Tel. 982 128 685 / 982 130 678 / 982 130 685

Programa 2: XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).

- Actividades: dinámica de creación e traballo en equipo (proba de obstáculos), dinámicas de xogos (Lego Serious Play e visual thinking), dinámica de liderado e sendeirismo en equipo.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:30 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: roupa cómoda e calzado apropiado para a actividade de sendeirismo, mochila, bañador e chanquletas.
- Aloxamento: Hotel Fraga do Eume, Lugar A Estoxa 4, 15613 A Capela
- Tel. 981 492 406

Programa 3: “AUTOCOÑECEMENTO 360º”: Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña).

- Actividades: ruta a cabalo, actividades para profundar no autocoñecemento e nas bases conceptuais da intelixencia emocional, dinámica da reacción de cada participantes ante o estrés a través dun xogo de escapismo, mindfulness e ioga e iniciación ao surf.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:30 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda
- Material indispensable: mochila, roupa e calzado axeitado para actividade de equitación, bañador e roupa deportiva.
- Aloxamento: Hotel A Roda, Lugar Playa del Río, Meirás (San Vicente), Valdoviño, 15552 Valdoviño
- Tel. 981 486 263 / 981 486 263 / 607 671 046

Programa 4: ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo.

- Actividades: turismo creativo en equipo, obradoiros con intervencións multidisciplinares (creación audiovisual, performance, artes escénicas, danza, creación literaria…) e xogo de rol
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: gorra ou pano para o sol, crema solar, roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, unha prenda de abrigo e útiles de aseo personal. Ademais para uso na activiade: cámara de fotos (se a tén), roupa que permita flexibilidade completa, ordenador portátil (se o tén, non é imprescindible).
- Aloxamento: Casa Ferreiro, San Xoan, Seoane do Courel 24, 27324 Folgoso do Courel.
- Tel.: 982 43 30 65

Programa 5: ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).

-Actividades: carreira de orientación pola Reserva Mariña de Interese Pesqueiro dos Miñarzos (Lira) e hórreo de Carnota, observación astronómica e recoñecemento de estrelas (solpor na praia de Carnota), ruta de sendeirismo, observación de aves e visitas guiadas.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 18:30 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as excursións, de asas, calzado cómodo para camiñar, (bota de sendeirismo resistente a auga e con calcetín alto), roupa cómoda e de abrigo (pantalón mellor longo), roupa de reposto, gorra ou viseira para o sol, chuvasqueiro, cantimplora ou botella, útiles de aseo persoal, prismáticos (opcional), toalla e saco de durmir.
- Aloxamento: Pensión o Prouso, Praza San Gregorio 5, 15293 Carnota, A Coruña
- Tel.: 981 857 083

Programa 6: CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño, Pontevedra)

- Actividades: técnicas de relaxación e consciencia do corpo, iniciación ao ioga e acroioga, obradoiro de masaxe e automasaxe, manexo e recoñecemento de plantas medicinais, obradoiros de plantas medicinais para cosmética, hixiene do fogar e botiquín.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada de 18:00 h a 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as saídas, esterilla de ioga, roupa cómoda para o ioga e acroioga, envases reutilizados para as elaboracións con plantas e clazado cómodo para as saídas.
- Aloxamento: Hotel Voar, Cernadela 4, 36873 (Covelo, Pontevedra)
- Tel.: 986 697 747

Programa 7: DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)

- Actividades: visita a aldea de montaña Salgueiro, roteiro polo Parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, recoñecemento in situ de especies de flora e fauna do Parque natural do Xurés, visita e baño as termas mineromedicinais de Lobios, travesía en kaiak ao campamento romano do Aquis Querquennis e visita e baño as termas mineromedicinais do Aquis Querquennis.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada de 18:00 h a 20:00 h h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: moch¡la pequena e cómoda para as excursións, chancletas para o baño, toalla de baño, bañador, roupa cómoda para o roteiro, botas de montaña ou calzado cómodo para camiñar, roupa de abrigo, chuvasqueiro e calzado mollable para o kaiak.
- Aloxamento: Hotel Lusitano, Estrada de Portugal, 47, 32870 Lobios, Ourense
- Tel.: 988 448 028

Programa 8: ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)

- Actividades: conformación de prototipos ambientais con base turística, creación de prototipos Plastics-free, Plogging (concienciación local na caracterización do lixo nun espazo ambiental de referencia a través da práctica deste deporte), creación de roteiros audiovisuais, orientación nun espazo natural de referencia (técnicas e dinámicas multimedia) e xogo de rol.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: gorra ou pano para o sol, crema solar, roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, unha prenda de abrigo e útiles de aseo personal. Ademais para uso na activiade: cámara de fotos (se a tén), roupa que permita flexibilidade completa, ordenador portátil (se o tén, non é imprescindible).
- Aloxamento: Hotel Piornedo, Donís (San Fiz), Piornedo, 27664 Cervantes, Lugo
- Tel.: 982 161 587


FOLLETO XUVENTUR en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares