Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 27 de Maio de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “MAÑÁS DE LECER” 2019 (SERVIZO DE LUDOTECA MUNICIPAL)
02 Maio 2019

O Servizo de “Mañás de lecer ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:

Obxectivos xerais:
- Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
- Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
- Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.
- Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo libre.
- Facilita-la maduración da personalidade dos nenos e nenas nos seus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.
- Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolos niveis municipais.
- Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respecto á diversidade.

Obxectivos específicos:
- Promover estilos de vida saudables.
- Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.
- Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
- Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
- Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
- Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.
- Favorecer a toma de decisións.
- Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.
- Promover a resolución pacífica de conflitos.
- Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.
- Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo, os xoguetes e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
- Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo e os xoguetes, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e creatividade xunto co seu grupo de iguais.
- Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
- Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.

Todo elo, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:
- Adecuación aos principios educativos.
- Consideración dos obxectivos xerais.
- Motivación para unha aprendizaxe significativa.
- Coherencias pedagóxico-didácticas.
- Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.
- Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

Este proxecto desde o seu inicio lévase a cabo en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais, xa que aínda que se segue unha rigorosa orde de selección segundo os criterios de acceso, teñen preferencia os casos de emerxencia social ou aqueles nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade. Para certificar os posibles casos, contamos coa colaboración do dito departamento que estudarán e valorará cada caso, elaborando o informe correspondente.

Para atender axeitadamente cada caso, este programa conta cunha persoa coordinadora, do Departamento de Servizos Sociais (Diplomada en Educación Social).

Ademais, contaremos con tres tutoras/es coa cualificación necesaria para exercer este labor (mestres/mestras de educación infantil ou primaria, director/a-monitor/a de tempo libre, educador/a infantil) dos que un deles exercerá de supervisor/a.

As actividades realizadas no servizo, desenvólvense en equidade en lingua galega e castelán (segundo a Lei de Normalización lingüística: DECRETO 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia DOGA Nº97 do 25 de maio de 2010), favorecendo a integración dos nenos e nenas que poidan proceder doutros lugares fóra de Galiza.

Os/as responsables das aulas, levarán un control rigoroso da asistencia das persoas seleccionadas, ó mesmo tempo que realizarán unha avaliación continua diaria baseada na observación, é dicir, a/o responsable observa a mellora ou non, do comportamento de cada rapaz/a, da súa psicomotricidade fina, do cumprimento das normas, da forma de relacionarse có resto dos/as compañeiros/as, etc.

Na aula hai unha normativa que os/as nenos/as coñecen, son normas de comportamento, conduta, convivencia, horarios e coidado da aula. As titoras/ os titores teñen un sistema de recompensa por puntos, baseada na retirada de puntos cada vez que se incumpre unha norma, recompensando ó final de cada semana, a aqueles/as que non incumpriran ningunha norma.

Dentro destas normas están os horarios e condutas a seguir durante a merenda, momento que aproveitamos para ensinar e reforzar comportamentos e hábitos saudables, ademais de nos momentos do obradoiro de cociña que máis adiante explicaremos.

DESTINATARIOS
Nenos/as con idades entre os 3 aos 11 anos, repartidos en 3 aulas:
• de 3 a 4-5 anos: poderán solicitalo todos aqueles nenos e nenas que cumpran 3 anos ao longo do 2019 (15 persoas usuarias).
• de 5-6 a 7-8 anos (20 persoas usuarias)
• de 8-9 a 11 anos (25 persoas usuarias) : poderán solicitalo todos aqueles nenos e nenas que cumpran ata 11 anos ao longo do 2019.

*No período 1 a 9 de setembro, unificaráse ao alumnado admitido nunha sola aula, cun só monitor/a ( 20 alumnos/as).

Estas cifras e división de grupos por idades poderán variar no caso de que exista maior demanda que oferta sempre baixo criterio das persoas coordinadora e supervisora, quen terán presente non prexudicar o bo desenvolvemento do servizo.

PRAZO DE SOLICITUDE :
O prazo para presentar a solicitude comezará o xoves 2 de maio de 2019 e rematará o xoves 23 de maio de 2019 ( incluído). Deberá presentarse segundo modelo do Anexo I .


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares