Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Licitan a xestión do centro de día de Caamouco, último trámite previo á súa apertura
25 Maio 2011 14:03
O centro de día de Caamouco comezará a funcionar unha vez que se resolva a contratación da xestión deste servizo público asistencial, que vén de licitar o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Precisamente o DOG publicaba a pasada semana a resolución deste organismo pola que se licita a contratación de dita xestión, en réxime de concesión, de apertura e implantación inicial na provincia de A Coruña de cinco centros de día, entre o que se atopa o de Ares (Caamouco), e un fogar residencial.
O duración do contrato será dende a sinatura do mesmo ata o 31 de decembro de 2013 e o importe total ascende a 3.211.315 euros, contía destinada para a totalidade dos centros. As empresas interesadas en participar na licitación, que se resolverá por procedemento aberto multicriterio, dispoñen de 15 días naturais para presentar as súas ofertas.
O rexedor socialista de Ares, Julio Iglesias, manifestou a súa satisfacción por esta nova, que aínda que con retraso por parte da Xunta sobre as previsións iniciais coas que traballaba o Concello, vén continuar o traballo desenvolvido dende verán de 2007 pola administración local e o entón Goberno autonómico Bipartito. De feito, o normal sería que este mesmo verán o centro de día, un dos principais obxectivos en materia de dependencia marcados polo actual equipo de goberno, estea funcionando.
Así mesmo, hai que lembrar que a xestión será compartida con Fene e Mugardos, que están á espera de contar cos seus propios centros de día, xa que os destinatarios son, por lei, os dependentes, e a oferta pode abarcar aos usuarios dos tres municipios. As tres administracións locais tamén compartirán os gastos en función do número de persoas que teñan praza de cada un destes concellos.

ORIXE E CARACTERÍSTICAS DESTE MODERNO INMOBLE
A construcción do centro de día de Marina do Pombal resposta a unha firme aposta do goberno local de Ares iniciada dende o primeiro momento do actual mandato. Neste eido, o alcalde, Julio Iglesias, subliñou os esforzos realizados por este goberno local, así como a colaboración total e permanente coa administración autonómica –fora do signo político que fora- ao longo de todo o proceso de execución do centro de día para maiores. Proceso que se iniciou o mesmo ano no que o rexedor accedeu ao goberno local, en 2007, solicitando ao Consorcio a construcción destas necesarias instalacións e ofrecendo unha parcela de titularidade municipal de máis de 5.000 metros cadrados para poder levar a cabo o inmoble. As negociacións, como pode constatarse, chegaron a bo porto e o Consorcio iniciou o proceso constructivo do centro de día nesta superficie cedida pola administración local, destinando un orzamento cercano aos 780.000 euros –dividido en dúas anualidades: 2008 e 2009- para as obras.
Precisamente en abril do pasado ano, o alcalde e o director da área de Benestar do Consorcio visitaban as instalacións para planificar o traballo a desenvolver unha vez que as obras viñan de rematar e foran recepcionadas. Pasados os meses e, polo menos no que respecta ao Concello, realizados os trámites que lle correspondían, como eran os de poñer en marcha os servizos pertinentes –auga, electricidade, teléfono, etc.-, levar a cabo os traballos de mantemento e conceder a licenza de actividade requerida polo Consorcio, tócalle á Xunta levar a cabo estes trámites que desenvolve agora.
En canto ao inmoble, trátase dunha edificación aillada dunha pranta, formada por unha peza rectangular situada en forma paralela á rúa e tres bloques construidos dunha forma perpendicular á primeira. En total, habilitáronse catro áreas diferenciadas: Acceso e recepción; actividade (cunha sala polivalente, taquillas, sala de rehabilitación, sala de curas/consultas médicas, comedor, habitación de lecer, tres baños asistidos e 2 aseos asistidos); administrativa e de atención do persoal (despachos, sala de xuntas, etc.); e auxiliar e de servizo (cociña, despensas, almacéns, lavandeiría, etc.). A superficie útil construida é de 749,80 metros cadrados.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares