Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Alertan dun timo de empresas homologadas pola Xunta na revisión das instalacións do gas
04 Octubre 2007 12:06
A OMIC do Concello de Ares informa sobre os dereitos e obligacións dos consumidores con respecto aos traballos de revisión e substitución de pezas na instalación do gas butano, advertindo de que, se ben son os usuarios os que teñen a obriga de manter a instalación en boas condicións, tamén teñen o dereito a elixir entre a empresa homologada que desexen e a pedir un orzamento antes da execución das traballos –que sempre poderán rexeitar-.
Esta advertencia prodúcese unha vez coñecido un presunto timo que, ao parecer, estase a producir en todo o territorio nacional, e que chegou xa á vila de Redes.
Así, segundo un informe realizado pola Policía Local de Ares, trátase dun “timo en toda regra, pero con tintes de legalidade”. É dicir, que estas persoas acuden aos domicilios en nome de Repsol ou da Xunta e despois de amosar as súas credenciais, que son totalmente legais, dinlles aos cidadáns que teñen a obriga de pasar unha revisión do gas. Acto seguido, proceden a cambiar a goma, a carapucha ou ambas cousas, sen dar un orzamento ao consumidor, e finalmente lle cobran unha cantidade que, segundo dito informe, vai dos 80 aos 200 euros, cantidade moi superior aos prezos doutras empresas homologadas.
O aviso á Policía Local prodúxose o pasado 28 de setembro, cando os axentes recibiron unha chamada telefónica do servizo técnico de Repsol Butano altertando de que en Redes estábanse a producir “timos” en varios dos domicilios dos veciños desta vila. Persoados no lugar, os axentes localizaron aos traballadores da empresa en cuestión, efectivamente autorizada pola Xunta e cos permisos de instalador e supervisor en regra. A pesares desta circunstancia, a Policía Local informou aos afectados de que as revisións do gas butano só poden facerse coa súa autorización.
Nesta mesma liña maniféstase a Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Ares, que indica que se ben é certo que moitas empresas envían aos seus empregados a ofrecer o seu servizo aos domicilios, os cidadáns non están obrigados a aceptalo nin, por suposto, teñen por qué deixalos pasar. No caso de que o consumidor estea interesado e acepte o orzamento, debe, ademais, pedir ao inspector que se identifique coa presentación do carné de instalador de gas autorizado pola Consellería de Industria.
Se xurde algún problema, o cidadán debe acudir ás oficinas comerciales da compañía do gas para tratar de arranxalo, e se a reclamación está relacionada coa instalación, pode recurrir aos Servizos Territoriais de Industria. Se non se chegase a unha solución amistosa coa empresa, o consumidor terá que pedir e cumprimentar unha folla de reclamacións.
Ademais, a OMIC do Concello de Ares, na que se poden realizar consultas e solicitar máis información ao respecto, recomenda elixir a aquelas empresas instaladoras que estan adheridas ao Sistema Arbitral de Consumo, pois así o cidadán ten asegurado que a súa reclamación sexa resolta na Xunta Arbitral de Consumo sen ter que acudir aos Tribunais.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares