Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
RAMIL ASEGURA QUE NA ACTUALIDADE PODE VIVIR NO POBO NO QUE SEMPRE FOI FELIZ, ARES
28 Setembro 2011 15:32
O Consistorio acolleu esta mañá unha “artística” rolda de prensa, xa que algún dos participantes de Operación Triunfo desta última edición, como Jefferson, a gañadora da segunda, Ainhoa, así como os actores de musicais David Moreno e Ricardo Nkofi, con Ramil como mestre de cerimonias, se deron cita na Alcaldía para anunciar a gravación do que será o primeiro single do artista aresán. “Juguetes rotos” é o título deste tema, que Ramil está rodando con Ainhoa estes días no mosteiro, e no que tamén participan artistas como os que compareceron esta mañá na rolda de prensa.
Pero estas colaboracións non son as únicas, xa que, como apuntou o propio Ramil, o tema contará con arredor de 25 voces de “gente que me he ido encontrando a lo largo de toda mi carrera”; desde Sandra, a primeira persoa coa que se atopou ao empezar neste mundo, ata estes compañeiros de OT. “Toda esta es gente con la que tengo una relación especial”, asegurou o artista de Ares, que avanzou que o seu obxectivo é o de presentar o single e o vídeo a finais de outubro, unha vez que volva de Londres, donde será o audio remasterizado. A este respecto, hai que destacar que todo o traballo se está levando a cabo en Ares, incluso o audio, xa que Ramil dispón dun estudo que lle permite facelo.
O artista quixo agradecer o apoio que está encontrando na vila. “Todo el mundo se está volcando”, afirmou, subliñando neste eido o apoio, entre outros do Concello e incluso de establecementos do pobo, como O Bodegón, que lles brindou o catering.
Ramil, que recoñeceu que “fue necesario irme de Ares un tiempo” e instalarse en cidades como Madrid, Barcelona ou Sevilla para poder abrirse camiño na música, indicou que “en toda batalla hay una fase que es la del descanso del guerrero”. E esta é a fase na que o artista se atopa, un momento no que pode vivir no lugar no que el se sinte máis feliz e cómodo, Ares, dende donde viaxa moito porque se unha cousa é certa é que o traballo non lle falta a este artista local.
Antes de voltar ao traballo –que rematan esta noite-, Ramil e o resto de artistas deixaron a súa pegada no Libro de Ouro do Concello, ao tempo que recibiron de mans do alcalde un libro de acuarelas de Ares.
Precisamente o rexedor, Julio Iglesias, mostrouse “encantado” de ter a Ramil entre os seus veciños e de contar coa presenza estes días de artistas da talla dos presentes esta mañá na rolda de prensa. “Nuestros orgullos aresanos siempre tendrán el apoyo del pueblo y de sus representantes”, afirmou Iglesias, que destacou o “momento dulce” que está a vivir o municipio cunha xeneración de artistas e deportistas que despunta a nivel nacional e incluso internacional nalgúns casos. “Intentaremos dar todo lo que podamos”, dixo o alcalde socialista.
Ramil prometeu presentar en Ares o seu primeiro traballo unha vez que estea rematado, para que os seus veciños sexan dos primeiros en coñecelo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares