Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Concellos de Ares e Mugardos abren o prazo de inscripción para participar no Torneo de Fútbol Sala
17 Octubre 2011 13:11
Os Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas concellarías de Deportes, anuncian a apertura do prazo para inscribirse na quinta edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala no Inverno 2011-12, que como nas anteriores edicións disputarase nos vindeiros meses de outubro a abril nos pavillóns deportivos municipais de Ares e Mugardos. Estabelécese un tope de 16 equipos.
Para tomar parte neste torneo será condición indispensable ter os dezaoito anos cumpridos antes da disputa do primeiro partido no que se participe. As bases contemplan unha cota de participación por equipo de 275 € (200€ de inscripción e 75 € de fianza que se devolverá a todos os equipos que rematen o campionato e non sufran ningunha sanción disciplinaria). Cada equipo terá un máximo de 12 xogador@s inscrit@s, d@s cales un máximo de seis poderán atoparse federad@s no deporte en cuestión.
Os partidos xogaranse os mércores, xoves e venres, en horario de 19.30 a 23.30 no pavillón deportivo municipal de Ares ou de Mugardos. O sistema de competición será o de Liguiña previa, na que xogarán todos contra todos, e despois haberá unha segunda fase na que os primeiros clasificados disputaranse o título e os últimos xogarán os postos de consolación. Haberá trofeos para os 4 primeiros clasificados así como catro vales en material deportivo de diversa contía para eses catro primeiros. No caso da Liguiña de consolación, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados. Ademais, haberá distincións para o máxim@ goleador@ e o porteir@ menos batid@.
As solicitudes de participación coa lista de xogadores será enviada obrigatoriamente por correo electrónico a deportes@mugardos.dicoruna.es, e unha vez confirmada a participación no torneo o equipo procederá a ingresar a inscrición no número de conta que se dará a tal efecto.
Poderá obterse máis información nos Concellos de Ares e Mugardos, nas dependencias municipais de Deportes de ambos consistorios (Alianza Aresana en Ares e Baixos do Concello en Mugardos), nos teléfonos 981448057 de Ares e 981470338.Ext3 de Mugardos, en horarios de 10 a 14 horas. O prazo límite de inscripción son ás 14 h. do venres 21 de outubro. A reunión de equipos será o luns día 24 de outubro ás 19 h. no salón de plenos do Concello de Mugardos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares