Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 12 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local destaca a importante labor realizada pola deseñadora aresana Sara Coleman ao longo do presente ano 2011
28 Novembro 2011 14:11
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, quere enviar os seus máis sinceiros parabéns á deseñadora local Sara Coleman por resultar finalista no premio Ferrolterra Emprende da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE); un logro que non ven máis que a sumarse á longa lista de accións desenvolvidas durante deste ano que aínda non rematou e que a consolida como un dos referentes da moda a nivel galego e incluso máis aló. De feito, Sara Coleman con anterioridade a este certame, foi merecedora neste ano do Premio Iniciativa Empresarial 2011.
Este ano tamén foi para Sara Coleman o de apertura dos seus deseños a varios mercados nacionais e internacionais. Nomeadamente, a deseñadora aresana procedeu á apertura de “showrooms” no centro de Madrid e en Londres. Ademais, iniciou a venta on-line exclusiva para China, donde Coleman ten previsto realizar un desfile para a vindeira temporada outono-inverno 2012-13 (na Guangzhou International Fashion Week).
Por segundo ano consecutivo, a deseñadora local participou na pasarela Cibeles Madrid Fashion Week e tamén formou parte da exposición colectiva Fashion Night, con outros deseñadores, no hotel Puerta América de Madrid.
Pero isto non é todo. Coleman destaca, así mesmo, pola súa colaboración con diversas firmas e entidades, e neste sentido, cabe destacar á que este ano prestou na Asociación Textil de Galicia (Atexga), impartindo cursos para traballadores. Tamén colaborou con Coca-cola no seu 50 aniversario, a través do deseño da súa botella; impartiu diversas conferencias sobre moda na Escola Maestro Mateo; e colaborou coa Fundación Adolfo Domínguez en BAZAAR_Creative Market (Madrid).
Para Julio Iglesias, este magnífico balanzo amosa a cada vez maior presenza que ten Sara Coleman no mundo da moda e o deseño, incluso a nivel internacional, destacando que “con orgullos aresanos como Sara Coleman o noso municipio está presente e dándose a coñecer dun xeito máis que notable ao longo de todo o planeta”. O rexedor socialista subliñou o inxente número de veciños e veciñas que están a destacar en diferentes eidos, como o deportes ou as artes (Álvaro Illobre, Paula Mayobre, Juancho Romero, Antonio Seijas, Enrique Ramil ou a propia Sara Coleman, entre outros) e, nesta liña, agradeceu en nome do Concello o enorme traballo e esforzo realizado por todas estas persoas, coas que a administración local pretende, na medida das súas posibilidades, seguir colaborando.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares