Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O PLENO APROBA O ORZAMENTO DE 2012, QUE SE ADAPTA Á ACTUAL CRISE E GARANTE A REDACCIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
09 Marzo 2012 11:33
O pleno da corporación aprobou esta mañá, no marco dun pleno extraordinario, o orzamento correspondente a 2012, que ascende a 4,55 millóns de euros. Este documento, como dixo o alcalde, Julio Iglesias, resposta aos tempos de crise e atende á situación na que se atopan as diferentes administracións, polo que rebaixa o gasto con respecto ao anterior nuns 340.000 euros.
Así mesmo, o rexedor subliñou a importancia que vai ter este orzamento para poder cumprir cunha das principais demandas da cidadanía nos últimos anos: a redacción definitiva e aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Para iso, como xa se anunciara hai uns meses, o equipo de goberno socialista chegou a un acordo puntual con NAL, de Luis Cendán, que esta mañá deu o seu voto favorable ao documento económico do Concello para o presente exercicio en base á efectivización de dito acordo en materia do planeamento urbanístico.
Como deixou de manifesto o alcalde, o máis importante, tal e como vén reclamando a cidadanía dende a anulación polos tribunais do Plan Xeral do 99, é poder redactar un plan consensuado e que poida ser aprobado á maior brevidade posible, porque á crise actual engádase a imposibilidade para moitas familias de poder construir ou facer reformas nas súas vivendas ou parcelas pola inexistencia dun PXOM. Así mesmo, Iglesias destacou, como tamén fixo no pleno o voceiro de NAL, Luis Cendán, a transparencia de todo o proceso e fixo fincapé en que este acordo limítase á redacción do plan xeral.
Por outra banda, un dos capítulos do documento aprobado hoxe, o de investimentos, supera lixeiramente os 532.000 euros e nel inclúense partidas para actuacións fundamentais, como as do POS (a complementaria do 2011 de ampliación da rede de abastecemento en Santa Eulalia e as de 2012 de reparación, mantemento o mellora de vías municipais e a renovación da rede de abastecmeneto en Os Castros), a adquisición de terreos para a ampliación do CPI Conde de Fenosa e o traslado da pista polideportiva, a aportación municipal para a urbanización da praza da Igrexa ou o pago de expropiacións para a EDAR. Tamén van nesta partida a execución dun acceso á praia, a colocación de puntos de alumeado público ou o mantemento do complexo acúatico do Castro.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares