Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O equipo de goberno levará ao pleno de fin de mes unha moción co gallo da recente celebración do Día Internacional das Mulleres
16 Marzo 2012 12:39
O equipo de goberno (agrupación socialista) presentou hai varias semanas por rexistro unha moción para debatir e, no seu caso, aprobar no pleno de fin de mes, co gallo da celebración, o pasado día 8, do Día Internacional das Mulleres. Esta mañá, no marco da celebración da comisión de Muller e Servizos Sociais, os responsables municipais deron conta á oposición do contido da mesma, que será abordada de novo en xunta de voceiros por se algún grupo quixera facer algunha aportación.
Así, en dito documento afírmase que a igualdade é “un dereito de cidadanía que ademais de reforzar a cohesión social garante a eficiencia económica, xa que o aproveitamento de todas as capacidades proporciona resultados positivos para toda a sociedade”. “So poderemos avanzar nunha sociedade eficiente dende un modelo que recoñeza todas as capacidades, que aproveite o coñecemento e os recursos de todas as mulleres e que afronte a crise de xeito activo”, aseguran os socialistas no texto, que plantexa unha serie de puntos necesarios para acadar ditos obxectivos.
Impulsar a presenza das mulleres no emprego e no mercado de traballo garantindo a igualdade no acceso e no salario; apoiar as iniciativas emprendedoras das mulleres; apostar por políticas que garantan o dereito á conciliación da vida profesional, familiar e persoal; recoñecer e apoiar as iniciativas das mulleres no eido rural; ampliar a rede municipal de servizos de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero, e loitar contra a feminización da pobreza e a exclusión social son os principais plantexamentos e compromisos desta moción.
O Goberno central é tamén o destinatario dunha serie de reclamacións, como que manteña o dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reprodutiva, dacordo coa Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE; que modifique o decreto de medidas urxentes para a reforma laboral, a fin de garantir o dereito á conciliación e medidas que fagan posible a igualdade en todas as súas vertentes; que impulse os servizos do Estado de Benestar relativos ao coidado e a atención a todas as persoas que o necesiten, e que promova a igualdade real e efectiva en todas as políticas públicas e na sociedade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares