Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello conmemorará o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun "Bookcrossing" e un obradoiro de elaboración de contos
16 Marzo 2012 14:00
O Concello, a través da área de Cultura, organiza dúas actividades co gallo da celebración, o 2 de abril, do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Segundo explicou o concelleiro desta área na comisión respectiva desta mañá, Eugenio Fernández Lago, trátase, en primeiro lugar, dun “bookcrossing”, a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois terán que facer o mesmo.
Esta actividade terá lugar o día 2 de abril e, para liberar un libro vía bookcrossing os interesados haberán de rexistralo para acadar un BCID (número de identificación de bookcrossing), que será o que identifique o exemplar concreto na base de datos do sistema. Dito número atópase no libro, ben directamente no interior da cuberta ou ben nunha etiqueta na que se lle pide á persoa que o atope que entre na web do Bookcrossing e escriba un pequeño apuntamento para notificar que o ten. Esta persoa terá que “soltar” de novo o libro unha vez que remate a actividade.
A segunda das actividades que se desenvolverán co gallo desta celebración é “Facendo o conto…”. Esta iniciativa, que se celebrará o día 4 de abril, vai dirixida aos nenos e nenas, que terán que facer uso da súa imaxinación para, a través do método de Rodari, crear un conto con palabras elixidas por eles mesmos. Os rapaces, que fomentarán coa actividade a imaxinación, a lectoescritura e o traballo en grupo, empregarán follas de xornais.
Por outra banda, tamén deuse conta na comisión informativa de hoxe da participación do Concello no proxecto de animación lectora “María Moliner”, un concurso dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes que premia aos mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidos nas súas bibliotecas co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos, pero fundamentalmente os nenos e mozos. Nesta iniciativa colaboran o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.
O Concello de Ares, como destacou Fernández Lago, foi un dos 300 gañadores pola iniciativa (competían máis de 2.000 municipios con arredor de 9.000 proxectos) “Había unha vez”…, polo que a súa biblioteca, impulsora desta actividade, recibirá en vindeiras datas un lote de 200 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as novidades de cada ano.
A maiores, e como cada mes, o Concello mercou catro libros, nesta ocasión dirixidos ao público adulto. “Los ojos amarillos de los cocodrilos”, de Katherine Pancol; “Cometas en el cielo”, de Khaled Hosseini; “El prisionero del cielo”, de Carlos Ruiz Zafón; e “La llave de Sara”, de Tatiana de Rosnay, son os títulos elixidos para incrementar os fondos da biblioteca municipal.
DOAZÓN DE LIBROS AO CENTRO DE MAIORES
Así mesmo, hai que facer mención especial á doazón que a biblioteca fará ao centro de maiores local para fomentar e animar á lectura aos maiores do municipio. A este respecto, a área de Cultura disporá no centro de maiores dun apartado con libros de diferentes temáticas interesantes para este colectivo, que os poderá coller prestados ou ler no propio local.
OBRADOIRO DE VÍDEO
Finalmente, a Concellería que dirixe Eugenio Fernández promove un obradoiro de vídeo dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos. A iniciativa desenvolverase os días 13 (venres) e 14 (sábado) de abril e consistirá na realización dun vídeo con imaxes da comarca elaborado polos participantes, que optarán a distintos agasallos (cámaras de vídeo, proxector ou pizarra dixital).
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares